‘Habla la Diócesis’ (22.03.2021): Ordenación Jaime Iglesias + Xornada pola Vida + Manos Unidas na India

Intervención semanal do administrador diocesano a través dos micrófonos da Cadena COPE

· V DOMINGO DA CORESMA: Na primeira oración deste domingo pedimos que «avancemos animosamente cara a aquel mesmo amor que moveu ao teu Fillo para entregarse á morte pola salvación do mundo». Pola súa morte e resurrección, Deus fixo connosco unha Alianza Nova cunha lei non escrita en táboas de pedra: «Poñerei a miña lei no seu interior e escribireina nos seus corazóns». O Evanxeo lémbranos —referíndose á morte de Cristo— que «chegou a hora de que sexa glorificado o Fillo do home. En verdade, en verdade dígovos: se o gran de trigo morre, dá moito froito». Imitemos a Cristo, aborrecéndonos a nós mesmos neste mundo, para gardarnos así para a vida eterna.

· Celebramos hoxe o quinto domingo de Coresma e encaramos xa a última semana deste tempo forte antes de chegar á Semana Santa. Un día máis, seguimos insistindo na importancia de coidar a liturxia nestes días, tendo en conta as circunstancias especiais que estamos a vivir.

· Este pasado venres celebramos a festividade de San Xosé, patrón da Igrexa, unha data na que tamén puidemos celebrar o Día do Pai e o Día do Seminario. Neste senso, temos unha nova moi importante que xa avanzaba este venres no programa ‘El Espejo’ o reitor do Seminario Maior de Mondoñedo-Ferrol, Antonio Rodríguez Basanta. Trátase dunha nova ordenación sacerdotal, a primeira desde hai anos, e que terá como protagonista ao ata de agora diácono Jaime Iglesias García. Tamén será un bo momento para reencontrarnos co noso último bispo, monseñor Luis Ángel de las Heras, pois será él o encargado de presidir a cerimonia na Catedral de Mondoñedo o vindeiro 24 de abril.

· Falamos tamén dunha celebración que se iniciaba este pasado día de San Xosé, como é o Ano da Familia “Amoris Laetitia”, convocado polo papa Francisco.

· Temos que citar tamén outro asunto relacionado coa delegación diocesana de Laicos, Familia e Vida, dado que este vindeiro xoves 25 de marzo celebramos a Xornada pola Vida.

· Para finalizar, recollemos algunhas noticias breves, como a finalización do proxecto solidario da delegación de Mans Unidas en Bhopal, na India, para mellorar as condicións sociosanitarias e o acceso á educación da poboación marxinal; a cesión de catro casas do concello de Burela ás monxas de San Aníbal para atender emerxencias sociais; e o 75º aniversario do colexio O Pilar de Foz.

 

«Non hai resurrección sen cruz; ese camiño que Xesús emprende, de entrega, de darse os demáis, de deixarse nas mans de Deus… ese é o camiño ao que se nos invita a andar a todos, para ser mulleres e homes novos»

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas