Mondoñedo acollerá a Festa de Misericordia o vindeiro 12 de marzo

O equipo sinodal da diocese anima a participar fixando o 9 de marzo como data límite para formalizar a inscrición

23 febrero 2022.- O equipo sinodal de Mondoñedo-Ferrol vén de convocarnos a unha nova edición da Festa da Misericordia, que terá lugar no Seminario de Mondoñedo o sábado 12 de marzo, coa seguinte orde do día:

10.15 h. Acollida.
10.30 h. Oración.
10.45 h. Motivación.
11.45 h. Descanso e café.
12.15 h. Celebración do Perdón.
14.00 h. Xantar (10 euros).

Por cuestión de organización é moi importante avisar do número de participantes que cheguen desde cada parroquia/movemento/asociación antes do día 9 de marzo. Para elo, poñén á nosa disposición o número de WhatsApp 646 579 525 e o enderezo de email sinodo@mondonedoferrol.org.

 

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas