Mondoñedo recordou con moito cariño a Lourdes Pardo Rancaño

A traballadora do Seminario faleceu a pasada Noiteboa

O bispo Luis Ángel presidiu una multitudinaria eucaristía na capela maior do Seminario

"Os que coñecimos e tratamos Lourdes, comezando pola súa familia, sabemos da súa bondade, delicadeza e espírito de servicio. Sempre a vimos como unha muller atenta, traballadora e responsable. Para moitos viña a ser como unha boa compañeira, unha irmá e mesmo unha nai. E para a súa familia evidentemente ese pilar fundamental e imprescindible en que apoiarse".

"Desde o Seminario de Mondoñedo, que para Lourdes era coma a súa segunda casa, sentimos fondamente esta perda. Desde o bispo, quen non puido facerse presente pero que manifestou a súa condolencia á familia; o reitor do Seminario e reitores e formadores anteriores, seminaristas e exalumnos; ata os sacerdotes residentes e os non residentes que acudimos ocasionalmente ó noso Seminario, para quen Lourdes viña a ser coma unha nai ou unha irmá, e por suposto as compañeiras e compañeiros de traballo, etc. Tantas persoas que de verdade a queriamos e sabíamos da súa valía".

"Queremos estar moi cerca do seu esposo e do seu fillo, da súa nai e irmáns, e de toda a súa familia. Non é nada fácil vivir este momentos. As palabras non chegan. Queremos amosar o noso pesar coa cercanía cariñosa, o silencio respectuoso e a oración confiada por ela e polos seus".

Extracto da homilía pronunciada polo vicario xeral durante o funeral na parroquia de San Vicenzo de Mondoñedo (decembro 2018)

O pasado venres 15 de febreiro, ás 17 horas, na capela grande do Seminario, celebrouse o funeral por Lourdes presidido polo noso bispo Luis Ángel. Reproducimos a continuación partes da súa homilía:

"Nos duele nuestra vida sin Lourdes, sí. Y a cada paso nos viene su recuerdo. Pero nos queda el don de su vida que ahora ha de ir luciendo mucho más que cuando peregrinaba en este valle de lágrimas. Ella, con su paso por nuestras vidas, nos ayuda a continuar el camino con bondad y gratitud.

Estamos muy agradecidos por su servicialidad, por su entrega generosa, por su sonrisa, por su disponibilidad. Estamos agradecidos por su cariño de hija, de esposa, de madre, de hermana, de cuñada, de amiga, de compañera, de cuidadora… Estamos agradecidos porque Lourdes nos dio mucho y nos lo dio gratis, como gratis lo había recibido"

"Lourdes, damos grazas a Deus pola túa vida, pola túa familia benquerida, polas persoas achegadas a ti. Contigo hoxe queremos pedirlle a Deus que poña alegría, esperanza, consolo e perdón nas tristezas e dúbidas de cada un de nós".

"Cando a morte, Señor, nos rodea
entre bágoas e mostras de dor.
O que importa, Señor, é a vida,
Con cantares de resurrección".

 

 

«As palabras non chegan. Para moitos viña a ser como unha boa compañeira, unha irmá e mesmo unha nai»

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas