Intervención semanal del administrador diocesano a través de la Cadena COPE
· IV DOMINGO DE PASCUA, “O BO PASTOR”: Hoxe é o domingo do Bo Pastor, Cristo, que deu a vida polas súas ovellas, que somos nós, para salvarnos do pecado e da morte. E non só morreu e resucitou por nós senón por todo o mundo: «Teño, ademais, outras ovellas que non son deste curro; tamén a esas as teño que traer, e escoitarán a miña voz, e haberá un só rabaño e un só Pastor». A Iglesia, cos seus diversos carismas e vocacións -de maneira especial por medio da orde sacerdotal- fai presente no mundo a Cristo, o Bo Pastor. Hoxe é un día especial para pedir ao Señor que nos dea as vocacións sacerdotais e consagradas que a Iglesia necesita para seguir evanxelizando e crecendo na unidade.
· Seguimos neste tempo de Pascua, e neste domingo do Bo Pastor, cun novo sacerdote na nosa diocese. E é que Jaime Iglesias García, tal e como avanzamos nestas últimas semanas, recibiu onte o sacramento da ordenación sacerdotal na Catedral de Mondoñedo. Hoxe, domingo, tamén será unha xornada especial para Jaime, xa que ás cinco da tarde oficiará a súa primeira misa como sacerdote na parroquia onde xa colabora actualmente, en Santa María de Caranza.
· Precisamente, ese domingo 25 celebrase a Xornada Mundial de Oración polas Vocacións e as Vocacións Nativas baixo o lema “Para quen son eu?”. Xa dicía o propio Jaime este venres no programa “El Espejo” que a elección destes días para a súa ordenación e primeira misa non foi ideada dun xeito programático, pero que, máis que casualidade, algo tivo que ver a providencia do Señor. Neste senso, tamén aproveitou para mandar unha mensaxe moi gráfica a todos os rapaces e rapaces da nosa diocese: “que teñamos os oídos limpos para escoitar a chamada de Deus, sexa cal sexa”.
· Nesta semana, marcada polos actos do Día do Libro fíxose público o novo convenio coa Xunta de Galicia para coidar, poñer en valor e avanzar nunha mellor catalogación dos fondos que conteñen a biblioteca patrimonial do Seminario de Mondoñedo e a especializada da Domus Ecclesiae de Ferrol. Tamén se anunciaron dous novos números do anuario Estudios Mindonienses, relacionados coa música no convento viveirense de Valdeflores e coas conferencias do 800 aniversario da Catedral de Mondoñedo.
· Noutro apartado de cuestións patrimoniais, temos que falar de varias novas relacionadas co Camiño de Santiago e que afectan ás rutas que pasan polo noso territorio diocesano. Comezamos na comarca de Ferrolterra, por onde pasa o Camiño Inglés, onde os datos de peregrinos recibidos foron aumentando paulatinamente nestas últimas semanas despois duns primeiros meses do ano bastante frouxos e marcados polas restriccións. Pola súa banda, nas comarcas da Mariña e Ortegal temos que falar dunha noticia política que pode ser moi positiva para o turismo e o patrimonio cultural da zona, xa que o Parlamento de Galicia aprobou unha proposta para traballar na oficialización do Camiño do Mar, unha cuestión da que xa se leva falando varios anos, pero sen grandes avances.
· Por último, tamén temos que falar dunha bonita iniciativa dos Alfombristas de Galicia, que queren visibilizar co seu traballo algunhas das cidades e vilas emblemáticas de todas as rutas xacobeas de Galicia. De feito, a primera parada foi este sábado en Mondoñedo, etapa central do Camiño Norte, onde realizaron unha alfombra floral diante da catedral, coincidindo precisamente coa ordenación de Jaime Iglesias.
· Xa para finalizar, temos que lamentar o falecemento do sacerdote D. Jesús Iglesias Rodeiro, capelán das Escravas do Santísimo e da Inmaculada de Ferrol, que nos deixou a comezos desta semana.
«Para a diocese unha ordenación sacerdotal é sempre un regalo: fala de futuro, de esperanza, de Igrexa»







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















