Delegación del Clero

Delegado
M. I. Sr. D. Antonio Rodríguez Basanta
670 248 594
delegacionclero@mondonedoferrol.org

 
RETIROS DE ADVIENTO 2021

Estimado compañeiro e irmán:

Co desexo de que esteas ben, convócote no nome do noso bispo ao RETIRO DE ADVIENTO que terá lugar nos lugares e datas seguintes, a partires das 10:30 horas:

- 29, luns, no Seminario de Mondoñedo;

- 30, martes, na igrexa parroquial de Vilalba;

- 1, mércores, na parroquia de Caranza (Ferrol).

Ao remate podemos xantar xuntos que, coma sempre, compre que avisemos.
Sen máis polo de agora, sigámonos coidando e ata vernos. Recibe unha aperta fraterna.

Antonio Rodríguez Basanta

Dúas publicacións para a nosa formación:

• Juan María Uriarte, Visibilizar a Cristo Pastor. Cuatro rasgos de la espiritualidad sacerdotal, Sal Terrae, 2021

• Xosé Antón Miguélez Díaz, Oda a Xesús Cristo. Credo e Camiño, Sept, 2021.

(Pódense adquirir na libraría do Seminario e na Domus).

 

circular: Encontro sacerdotal programación do curso e tanda de exercicios espirituais

Estimado compañeiro e irmán:

Desexo que te encontres ben e animado, cando pouco a pouco imos avanzando na normalidade dun novo curso pastoral.

O motivo desta comunicación ten por obxecto informarte do seguinte:

1. PROGRAMACIÓN DO CURSO 2021-2022 da delegación do Clero: Xunto cos obxectivos deste curso están os encontros sacerdotais, retiros de zona, exercicios, etc. Aproveito para informarte que tamén forman parte desta delegación os nosos compañeiros Rafael Lombardero García e Oscar Santiago Sanmartín.

2. Próximo ENCONTRO SACERDOTAL. Será o vindeiro día 9 de novembro en Mondoñedo, coa seguinte orde do día:

- 10:30 h. Na catedral, eucaristía polos bispos e sacerdotes defuntos presidida polo noso bispo (hai que levar alba e estola morada).

- 11:30 h. no Seminario, café.

- 12:30 h. tema de formación: "A Igrexa como Sínodo", que impartirá o noso compañeiro Gonzalo Varela Alvariño.

- 13:30 h. outras informacións.

- 14:00 h. xantar (hai que avisar previamente ao tfno. 982 52 10 00; o prezo: 10 €).

3. EXERCICIOS ESPIRITUAIS que terán lugar neste mes de novembro, do 15, luns, a partires das 12 h. ata o 19 venres co xantar, no Seminario de Mondoñedo. Serán impartidos polo P. Ignacio Fernández Gutiérrez S.J. de Vigo. Hai que animarse a participar. É unha oportunidade que temos ben á man para motivarnos na espiritualidade e no exercicio do noso ministerio. Hai que avisar no Seminario ou chamando ao meu tfno.: 670248594.

Sen máis polo de agora, sigámonos coidando e ata vernos. Recibe unha aperta fraterna.

Antonio Rodríguez Basanta

 

· Festa sacerdotal de san Xoán de Ávila 2021

O vindeiro día 10 de maio, luns, estamos de santo patrón, san Xoán de Ávila. E aínda que seguimos en sé vacante, ímolo celebrar no Seminario presididos polo noso administrador diocesano, Antonio Valín Valdés. Farémolo de maneira sinxela, dadas as circunstancias, e homenaxearemos aos nosos compañeiros que estiveron de vodas sacerdotais no 2020 e que están neste 2021.

Os homenaxeados son:

VODAS SACERDOTAIS 2020

Vodas de Prata (ano 1995)
- Manuel Ares Fernández
- Manuel Escariz Magariños
- José Ángel Fernández López
- Antonio Rúa Saavedra

Vodas de Ouro (ano 1970)
- Cosme Insua López
- José Carlos Moreno Barragán
- Marcos Marino Parapar Lago

Vodas de Diamante (ano 1960)
- José Bello Lagüela
- Luis Fole Freire
- Alejandro González Vidueiro
- José María López García
- Lorenzo Martínez González
- Luis Piñeiro Hermida
- Restituto Prieto Verdes
 

VODAS SACERDOTAIS 2021

Vodas de Prata (ano 1996)
- Jesús Iglesias Rodeiro (falecido o 21 de abril)
- Juan José Novo Gabeiras

Vodas de Ouro (ano 1971)
- Manuel García Page (falecido o 20 de febreiro)
- Luis Manuel Ledo Álvarez
- Benedicto Palmeiro Lepina
- Félix Villares Mouteira

Vodas de Diamante (ano 1961)
- Antonio Domínguez Martínez
- Manuel López Reigosa
- José Antonio Llenderrozos López
- Fernando Monterroso Carril
- Emilio Prado Piñón
- Antonio Río Ituriza
- Constantino Teijeiro Valle
- José Velo Nieto
- Antonio Luis Crespo Prieto

Teremos o seguinte horario:

· 10:30 h. Acollida e rezo da Hora intermedia
· 10:45 h. Homenaxe cunha breve intervención de cada homenaxeado
· 11:30 h. Informacións sobre a marcha da Diocese e actividades previstas
· 11:45 h. Descanso
· 12:00 h. Eucaristía concelebrada na Capela maior do Seminario (traer alba e estola branca)
· 12:45 h. Remate
· 13:45 h. Xantar: teremos o xantar só cos homenaxeados, xa que, dadas as circunstancias do Covid-19, non podemos participar todos como de costume.

Anunciarche que do 29 de xuño ao 2 de xullo, en Córdoba e Montilla vaise celebrar, de forma presencial e online, o III Congreso Avilista con motivo do 75º aniversario da proclamación de San Xoán de Ávila como Patrón do clero secular español: www.sanjuandeavilacordoba21.com

E tamén que está prevista unha tanda de exercicios espirituais impartidos por monseñor Santiago Agrelo no Seminario, do 21 ao 25 de xuño.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol