'Habla la Diócesis' (25.04.2021): Ordenación Jaime Iglesias + Bibliotecas diocesanas + Jornada Vocaciones

Presenta Ada Romero y coordina Baruk Domínguez

Intervención semanal del administrador diocesano a través de la Cadena COPE

"Para a diocese unha ordenación sacerdotal é sempre un regalo: fala de futuro, de esperanza, de Igrexa"

· IV DOMINGO DE PASCUA, “O BO PASTOR”: Hoxe é o domingo do Bo Pastor, Cristo, que deu a vida polas súas ovellas, que somos nós, para salvarnos do pecado e da morte. E non só morreu e resucitou por nós senón por todo o mundo: «Teño, ademais, outras ovellas que non son deste curro; tamén a esas as teño que traer, e escoitarán a miña voz, e haberá un só rabaño e un só Pastor». A Iglesia, cos seus diversos carismas e vocacións -de maneira especial por medio da orde sacerdotal- fai presente no mundo a Cristo, o Bo Pastor. Hoxe é un día especial para pedir ao Señor que nos dea as vocacións sacerdotais e consagradas que a Iglesia necesita para seguir evanxelizando e crecendo na unidade.

· Seguimos neste tempo de Pascua, e neste domingo do Bo Pastor, cun novo sacerdote na nosa diocese. E é que Jaime Iglesias García, tal e como avanzamos nestas últimas semanas, recibiu onte o sacramento da ordenación sacerdotal na Catedral de Mondoñedo. Hoxe, domingo, tamén será unha xornada especial para Jaime, xa que ás cinco da tarde oficiará a súa primeira misa como sacerdote na parroquia onde xa colabora actualmente, en Santa María de Caranza.

· Precisamente, ese domingo 25 celebrase a Xornada Mundial de Oración polas Vocacións e as Vocacións Nativas baixo o lema “Para quen son eu?”. Xa dicía o propio Jaime este venres no programa “El Espejo” que a elección destes días para a súa ordenación e primeira misa non foi ideada dun xeito programático, pero  que, máis que casualidade, algo tivo que ver a providencia do Señor. Neste senso, tamén aproveitou para mandar unha mensaxe moi gráfica a todos os rapaces e rapaces da nosa diocese: “que teñamos os oídos limpos para escoitar a chamada de Deus, sexa cal sexa”.

· Nesta semana, marcada polos actos do Día do Libro fíxose público o novo convenio coa Xunta de Galicia para coidar, poñer en valor e avanzar nunha mellor catalogación dos fondos que conteñen a biblioteca patrimonial do Seminario de Mondoñedo e a especializada da Domus Ecclesiae de Ferrol. Tamén se anunciaron dous novos números do anuario Estudios Mindonienses, relacionados coa música no convento viveirense de Valdeflores e coas conferencias do 800 aniversario da Catedral de Mondoñedo.

· Noutro apartado de cuestións patrimoniais, temos que falar de varias novas relacionadas co Camiño de Santiago e que afectan ás rutas que pasan polo noso territorio diocesano. Comezamos na comarca de Ferrolterra, por onde pasa o Camiño Inglés, onde os datos de peregrinos recibidos foron aumentando paulatinamente nestas últimas semanas despois duns primeiros meses do ano bastante frouxos e marcados polas restriccións. Pola súa banda, nas comarcas da Mariña e Ortegal temos que falar dunha noticia política que pode ser moi positiva para o turismo e o patrimonio cultural da zona, xa que o Parlamento de Galicia aprobou unha proposta para traballar na oficialización do Camiño do Mar, unha cuestión da que xa se leva falando varios anos, pero sen grandes avances.

· Por último, tamén temos que falar dunha bonita iniciativa dos Alfombristas de Galicia, que queren visibilizar co seu traballo algunhas das cidades e vilas emblemáticas de todas as rutas xacobeas de Galicia. De feito, a primera parada foi este sábado en Mondoñedo, etapa central do Camiño Norte, onde realizaron unha alfombra floral diante da catedral, coincidindo precisamente coa ordenación de Jaime Iglesias.

· Xa para finalizar, temos que lamentar o falecemento do sacerdote D. Jesús Iglesias Rodeiro, capelán das Escravas do Santísimo e da Inmaculada de Ferrol, que nos deixou a comezos desta semana.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol