Comienza la campaña «Me apunto a Religión»

Subraya su carácter escolar y académico, su aportación al desarrollo integral de los alumnos y alumnas y a la articulación de sociedades respetuosas con la diversidad religiosa

2 de junio de 2021.- La comisión episcopal para la Educación y Cultura ha lanzado la campaña “Me Apunto a Religión”, con la que la Conferencia Episcopal Española desea, a lo largo de todo el mes de junio, invitar a las familias y al alumnado a matricularse en la asignatura de Religión Católica en el próximo curso 2021-2022.

La campaña anima a la elección de la asignatura de Religión subrayando su carácter escolar y académico, su aportación específica al desarrollo integral de los alumnos y alumnas y a la articulación de sociedades respetuosas con la diversidad religiosa.  Esta campaña está dirigida a familias con hijos e hijas en edad escolar y a estudiantes de secundaria. Además, se lanza en dos tipos de soporte: a través de las redes sociales y en prensa online de ámbito nacional.

Esta iniciativa se suma también a aquellas acciones que las distintas delegaciones diocesanas de Enseñanza están realizando con la misma finalidad.
 

 

"PARA UNHA BOA EDUCACIÓN, ELIXE RELIXIÓN" - CARTA DOS BISPOS DE GALICIA

XORNADA DE  “ENSINANZA RELIXIOSA ESCOLAR”. CURSO 2021-22 (30 maio)

Benqueridas familias:

Achégase o momento no que os vosos fillos terán que elixir un ano máis se matricularse na materia de “Relixión Católica”. Pedímosvos que desde a vosa responsabilidade os animedes a elo.     

Sen dúbida, queredes a mellor educación para os vosos fillos, que non só lle aporte coñecementos intelectuais, senón que lles oriente na vida e inculque neles uns valores, criterios e actitudes que lles permitan medrar como bos alumnos e boas persoas.

A “Ensinanza Relixiosa Escolar” da resposta a eses dimensións esenciais da educación, non a cuestións marxinais. A relixión constitúe un elemento fundamental da construción moral e espiritual da persoa. A formación integral dos alumnos, o seu desenvolvemento pleno e consciente, necesita da Ensinanza Relixiosa.

A presenza da materia de “Relixión Católica” correspóndese coa natureza mesma da educación. Non é un privilexio, senón un dereito que recoñece de xeito explícito a nosa Constitución, cando sinala que: “Os poderes públicos garanten o dereito que asiste aos pais para que os seus fillos reciban a formación relixiosa e moral que estea de acordo coas súas propias conviccións” (art. 27. 3).

Neste momento, no que se pretende unha nova reforma educativa que non comprende o lugar propio da ERE e fai máis ardua a súa elección polos alumnos, urxe que as familias católicas asumades a vosa responsabilidade e exerzades o voso dereito decidindo ou apoiando de forma expresa que os vosos fillos opten por estudar esta materia de “Relixión Católica”.

Na ERE, os alumnos coñecerán mellor a tradición moral e relixiosa na que naceron, estudarán as ensinanzas de Xesús de Nazaré sobre Deus Pai e a súa mensaxe de paz e amor, abordarán temas importantes da vida, aprenderán a convivir en fraternidade, a respectarse mutuamente e a ser solidarios cos demais.

Pedímosvos que, como familias, sexades consecuentes coa vosa fe cristiá e solicitedes “Relixión Católica” para os vosos fillos cando se matriculen para o próximo curso. Para a súa boa educación, axudádelles a coñecer a mensaxe e os valores do Evanxeo, elixide “Relixión”.

Rezamos por todos vós e por todos os membros da grande comunidade escolar.

Saudámosvos de forma cordial e dámosvos a nosa bendición.

+ Julián, Arcebispo de Santiago
+ Luis, Bispo de Tui-Vigo
+ Alfonso, Bispo de Lugo      
+ José Leonardo, Bispo de Ourense
+ Francisco, Bispo Auxiliar de Santiago

 

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol