Falleció en Ferrol el sacerdote diocesano Gonzalo Folgueira Fernández

Celebración de sus Bodas de Oro sacerdotales en 2018 · Autor: Diócesis

Canónigo de la catedral de Mondoñedo, en la actualidad era capellán de la Residencia 'San José' de Piñeiros-Narón

3 enero 2022.- En la madrugada de hoy lunes falleció en el Hospital General 'Juan Cardona' de Ferrol el sacerdote diocesano Gonzalo Folgueira Fernández (Saldanxe, 1934).

· Ordenado en Mondoñedo en 1968, era canónigo de la catedral de la Asunción, y en la actualidad capellán de la Residencia 'San José' de las Hermanitas de los Ancianos Desamparados, en la parroquia de Piñeiros (Narón).

· Durante 27 años fue párroco de Nuestra Señora del Rosario de Ferrol y fue en ese templo tan querido para él donde, en 2018, celebró sus Bodas de Oro sacerdotales.

· De 2009 a 2020 fue adscrito a la parroquia de San Xiao de Ferrol.

· Fue delegado diocesano de Misiones, vicario para la Vida Consagrada y arcipreste de Ferrol, entre otras responsabilidades.
 

VELATORIO, ENTIERRO Y FUNERAL

La capilla ardiente está instalada en el tanatorio de Hospital General de Ferrol.

El martes 4, salida a las 16:00 h. hacia su parroquia natal de Saldanxe, donde tendrá lugar el funeral y entierro a las 17:30 h.

El sábado 8 (11:00 h.), eucaristía en su memoria presidida por el obispo docesano, monseñor Fernando García Cadiñanos, en la concatedral de San Xiao de Ferrol.

El martes 11 (20:00 h.), eucaristía en su memoria en la iglesia parroquial de Nuestra Señora del Rosario de Ferrol.
 

RESEÑA BIOGRÁFICA

Don José Gonzalo Folgueira Fernández naceu en Saldanxe (A Pastoriza) o 4 de setembro de 1934. Realizou os seus estudos eclesiásticos en Salamanca no Colexio de vocacións tardías do Salvador, acadando a licenciatura en teoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca. Foi ordenado sacerdote en Mondoñedo o 17 de xullo de 1968 polo bispo Jacinto Argaya Goicoechea.

Ata de agora desempeñou estes cargos na nosa diocese:

- Formador e profesor no Seminario de Mondoñedo no curso 1968-1969.

- Vicerreitor do Teologado “San Rosendo” en Salamanca de 1969 a 1971.

- Delegado de Xuventude no ano 1971 e de Misións na mesma data ata o 2007.

- Director Espiritual do Instituto Feminino de Ferrol de 1972 a 1979.

- Delegado do Clero en 1978 e administrador da Residencia Domus Ecclesiae de Ferrol.

- Ecónomo da parroquia de Nosa Señora do Rosario de Ferrol no 1982 e logo párroco durante vintesete anos.

- Vicario episcopal para os Institutos de Vida Consagrada durante o pontificado de tres bispos.

- Arcipreste de San Xiao de Ferrol en varios períodos.

- Cóengo da Santa Igrexa Catedral Basílica de Mondoñedo e vicario parroquial de San Xiao de Ferrol no 2009, exercendo de cóengo penitenciario na Concatedral.

- Capelán da Irmandade do Santo Enterro de Ferrol no 2011.

- Membro en varias ocasións do Consello Presbiteral, do Consello de Goberno e do Consello de Pastoral.

- Adscrito á parroquia de San Xiao de Ferrol no 2014.

- E, finalmente, capelán da Residencia “San José” de Narón no 2020.

Toda esta ampla e variada traxectoria sacerdotal mostra sobradamente o seu espírito de servizo á Igrexa vivido día a día cunha fonda espiritualidade, con grande sentido pastoral e inquedanza misioneira ata o remate dos seus días. Don Gonzalo foi un referente na diocese, confesor e conselleiro espiritual de moitas persoas, sacerdotes, relixiosas e laicos, en quen sempre encontraban a cercanía dun pastor e amigo.

Unímonos ao sentimento da súa familia á que sempre se sentiu moi ligado, e ao pesar de moitas persoas que o van botar en falta.

Para rematar non cabe outra expresión que aquela do evanxeo: “servo bo e fiel entra no gozo do teu Señor” (Mt 25, 14-30).

Descansa en paz.

Servicio Diocesano de Comunicación

@mondonedoferrol