Convocatoria, oración y carta del delegado de Pastoral de la Salud
8 febrero 2022.- La diocesis de Mondoñedo-Ferrol conmemorará la fiesta de Nuestra Señora de Lourdes con varias celebraciones el próximo viernes 11, organizadas por el grupo de la Hospitalidad de Lourdes, a las que están invitados todos los diocesanos, especialmente los enfermos, sus familiares y cuidadores.
La eucaristía solemne del día 11 será a las 19:00 horas en la iglesia parroquial de Santa Icía de Trasancos (Ferrol), estará presidida por el obispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos, y será retransmitida en directo a través del canal diocesano de Youtube.
Planning de la jornada:
· 11:00 h.- Rosario.
· De 11:30 a 13:00 h.- Bendición y oración individual de los enfermos.
· 18:00 h.- Oración de Adoración Eucarística.
· 19:00 h.- Eucarística solemne de la Virgen y del Día del Enfermo.
·19:45 h.- Procesión de las Antorchas.
CARTA DEL DELEGADO DIOCESANO DE PASTORAL DE LA SALUD
Inspirado pola pasaxe de Lucas á que fai referencia, o papa Francisco proponnos nesta Xornada Mundial do Enfermo percorrer un camiño de caridade e misericordia que nos leve a medrar no servizo e na cercanía ós enfermos a ás súas familias.
Xesús, o Fillo de Deus Encarnado, amosa desde o primeiro momento a Súa predilección polos pobres e descartados, polos feridos e enfermos que pasan desapercibidos ou ignorados á beira do camiño. A súa mensaxe, a súa acción, a súa misión ven revestida de misericordia que desborda tenrura, forza e compaixón; e son os enfermos as primeiras testemuñas e destinatarios do poder do Mesías, dun poder que anticipa neles a sanación total, como principio, xa irreversible, da salvación plena e definitiva.
“Ide e curade”, “Facede o que eu fago” con humildade e por AMOR. Esa é a ensinanza, o mandato evanxélico que debe trascender tempo e historia, batendo con arroubo nos corazóns de cantos acollemos o Deus connosco; que veu a sementar entre nós o xermolo dunha terra nova e dun ceo novo.
Desde este paradigma evanxélico, os axentes sanitarios (profesionais, coidadores, voluntarios, grupos de pastoral da saúde) debemos asumir con profunda humildade e xenerosa responsabilidade o “privilexio” de camiñar descalzos na “terra sagrada” do sufrimento, de tocar con tenrura as pegadas que a dor e a soidade imprimen no rostro de cada doente; expresión viva de Cristo mesmo, que comparte cada particular calvario como propio.
Esta é unha tarefa valiosísima polo seu fin e esixente polos seus medios, e precisa de competencia eficaz tanto técnica como relacional; con especial empeño na capacitación para escoitar e acompañar.
Os axentes procuradores da saúde son a imaxe actual do pousadeiro da parábola do bo samaritano; e son os centros sanitarios as novas pousadas, casas de misericordia, onde se dispensan os coidados necesarios para recuperar a dignidade irrenunciable da “humanidade enferma”, que semella arrebatar o sufrimento.
Entre eses innumerables pousadeiros, a historia da Igrexa recoñece os xenerosos dons derramados polo Espírito en tantos fundadores de institucións ó servizo dos enfermos, mulleres e homes encarnados na historia do seu tempo, no medio da dor, a enfermidade e da fraxilidade, coa delicada e difícil misión de curar cando é posible, de coidar e acompañar sempre.
As institucións sanitarias católicas foron e son exemplo, e como tales, tesouro precioso que hai que custodiar e soster.
A Pastoral da Saúde tamén é por iso un servizo indispensable e insustituible, patrimonio fiel do mandato evanxélico, representando o abaixamento de Deus que se achega ós enfermos coa bendición, a palabra, os sacramentos; cunha “proposta efectiva de itinerario de crecemento e maduración na fe” desde a experiencia doente.
No medio do misterio da enfermidade, toma especial relevancia o ministerio da Consolación que vivifica e conforta ó sufrinte coa forza da fe e da esperanza.
Aínda ó pé da cruz de cada enfermo, e no derradeiro alento do noso peregrinar por este mundo, prevalecerá a certeza de que Cristo vive, e será el mesmo o que nos leve a repusar nos brazos tenros e misericordiosos do Pai.
Anímovos neste tempo a entrar en comunión cos enfermos, coas súas realidades; a vivir apaixoadamente a cercanía e a descubrir nos desfigurados da terra a Xesús transfigurado que se revela en Deus de VIVOS.
Sentíndonos agraciados e agradecidos, pedimos que o Nosa Señora de Lourdes, Saúde dos Enfermos, coa súa tenrura maternal, siga tendo man de nós.
Que Deus Pai, Fillo e Espírito Santo nos bendiga agora e sempre.
Moitas grazas.
José Luis Fernández
Delegado Pastoral de la Salud
Diócesis de Mondoñedo-Ferrol
Gracias por Tu Compasión (Oración de acción de Gracias)
Quero compartir con todos vós una pequeña oración sinxela e humilde, en forma de poema, que escribín desde a posición do enfermo e sandado por Xesús, mestre de compaixón e misericordia, o bo samaritano por excelencia. Con ela quixera lembrar e promover a actitude do ferido-sandador, que se reincorpora ó camiño coa misión de acompañar… Espero que poida servirvos dalgún xeito na vosa oración particular. Moitas grazas….
Gracias por tu compasión…
Buen Samaritano (Lc. 10, 25-37)
Siempre que me viste herido
al borde de mil caminos,
compartiste mi destino
derramando compasión.
Te acercaste en mi lamento,
me curaste con tus manos
y enseñaste a mis hermanos
a acogerme en mi dolor.
Dejé de ser forastero,
pobre, enfermo, abandonado:
me sentí feliz y amado
por ser parte de tu amor.
Te doy gracias cada día
por el bálsamo divino
que de santos óleo y vino
restaura mi corazón.
Y por ti seré en el mundo
sanador, prójimo, amigo,
compañero y fiel testigo
de tu esperanza, Señor.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















