Decreto sobre a reorganización dos arciprestados

O Código de Dereito Canónico define o arciprestado como a “unión de parroquias cercanas entre si que facilitan o traballo pastoral mediante actividades comúns” (c. 374). O seu obxectivo, polo tanto, é pastoral e convértese nunha estrutura de comunión que axude a dinamizar as respectivas parroquias/UPA. Son un instrumento de sinodalidade, de animación e coordinación da acción pastoral.

A exhortación apostólica Evangelii Gaudium reflexiona, ilumina e marca as pautas da nova etapa evanxelizadora á que nos enfrontamos. Neste senso fai unha reflexión sobre a importancia que niso teñen as estruturas pastorais das que nos dotamos para a acción evanxelizadora. Sinálanse dous aspectos:

· “Hai estruturas eclesiais que poden chegar a condicionar un dinamismo evanxelizador; asimesmo as boas estruturas serven cando hai unha vida que as anima, sostén e xulga. Sen vida nova e un auténtico espírito evanxélico, sen ‘fidelidade da Igrexa á propia vocación’, calquera estrutura nova corrómpese en pouco tempo” EG 26.

· “A reforma de estruturas que esixe a conversión pastoral só pode entenderse neste senso: procurar que todas elas se volvan máis misioneiras, que a pastoral ordinaria en todas as súas instancias sexa máis expansiva e aberta, que coloque aos axentes pastorais en constante actitude de saída e favoreza así a resposta positiva de todos aqueles a quen Xesús convoca á súa amizade” EG 27.

A situación social que vivimos no presente contexto (secularización, dispersión e concentración xeográfica, mobilidade…), xunto á situación eclesial (diminución das comunidades cristiás, ausencia de substitución, escaseza de vocacións, organización das Unidades de Pastoral [UPA]…) levounos a revisar a xeografía arciprestal para axeitala mellor aos retos misioneiros aos que nos enfrontamos. Deste xeito, decidiuse pasar de sete a catro arciprestados.

Esta revisión fíxose partindo dun estudo particular, así como do diálogo e debate por parte do Colexio de Arciprestes, dos propios arciprestados nas súas diferentes estruturas e, finalmente, do Consello Presbiteral e do Consello Diocesano de Pastoral.

Como afirma o papa Francisco, as estruturas son instrumentos que cumprirán os seus fins dependendo da vida que as anima. Iso conleva unha necesaria conversión pastoral para superar o “sempre se fixo así” e buscar camiños conxuntos de misión nos que nos integremos sacerdotes, consagrados e leigos.

Os obxectivos que nos propoñemos con esta transformación son:

1. Axeitar a realidade dos arciprestados á situación pastoral da diocese, de xeito que se conformen coas posibilidades humanas que permita un traballo axeitado desde o punto de vista da tarefa sacerdotal como tamén da acción pastoral co resto do Pobo de Deus.

2. Promover unha acción pastoral máis colexial e corresponsable, promovendo o intercambio entre as UPA-parroquias e delegacións diocesanas, animando unha pastoral máis misioneira que se axeite mellor aos retos que temos que levar adiante.

3. Dinamizar a vida pastoral desde a clave do arciprestado como “escola, obradoiro, fogar”: como escola é un lugar onde se aprende e ensina; como obradoiro é onde se experimenta e ensaia; como fogar é onde se coida o crecemento e a fraternidade de todos.

4. Alentar a comunión e a sinodalidade na nosa Igrexa desde o traballo coordinado que promova unha pastoral ben artellada e de conxunto, tanto dos sacerdotes como da vida consagrada e os leigos.

Polas presentes, segundo o canon 374,2, a diocese de Mondoñedo-Ferrol queda conformada en catro arciprestados segundo as seguintes Unidades Pastorais e as súas respectivas parroquias:


ARCIPRESTADO DE MONDOÑEDO

· UPA Mondoñedo: Santiago de Mondoñedo, Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo, Nosa Señora do Carme de Mondoñedo, San Pedro de Argomoso, Santa María Madanela de Couboeira, San Martiño de Figueiras, Santiago de Lindín, Santo André de Masma, Santo Estevo de Oirán, San Vicenzo de Mondoñedo, Santa María Maior, San Lourenzo de Sasdónigas, Santa María de Vilamor, Santa María de Viloalle; Santa María de Vilanova de Lourenzá, San Xurxo de Lourenzá, Santo Tomé de Lourenzá, Santo Adrao de Lourenzá; San Xiao de Cabarcos, San Xusto de Cabarcos.

· UPA Abadín: Santa María de Abadín, Santa María de Abeledo, San Pedro de Aldixe, Santiago de Baroncelle, San Bartolomeu de Cabaneiro, San Pedro de Candia, San Xoán de Castromaior, San Pedro de Corvite, Santa María Madanela de Fanoi, San Martiño de Galgao, San Pedro das Goás, Santa María Madanela da Graña de Vilarente, San Pedro de Labrada, Santiago de Moncelos, Santa María de Montouto, Santiago de Quende, San Xoán de Romariz, San Xoán de Vilarente.

· UPA Viveiro: Santa María de Viveiro, Santiago de Viveiro, San Xoán de Covas, Santiago de Celeiro, Santo André de Boimente, Santa María de Chavín, San Xiao de Faro, Santa María de Galdo, San Xiao de Landrove, Santa María de Magazos, San Pedro de Viveiro, Santo Estevo de Valcarría, San Cibrán de Vieiro; San Bartolomeu de Xove, San Miguel da Rigueira, Santa Olalla de Lago, San Isidoro do Monte, San Clemente de Morás, Santo Tirso de Portocelo, Santo Estevo de Sumoas, San Pedro de Xuances; Santa María de Ourol, Santa María de Ambosores, Santiago de Bravos, San Pantaleón de Cabanas, Santa Olalla de Merille, San Pedro de Miñotos, Santa María do Sixto, Santa María de Xerdiz; Santo Estevo do Vicedo, San Miguel das Negradas, Santa María de Cabanas, San Pedro de Mosende, San Paulo de Riobarba, San Román do Val, Santa María de Suegos; Santa María de Mogor, San Mamede das Grañas do Sor, Santa María de Mañón, San Cristovo de Ribeiras do Sor, Santa María de Vares.

· UPA Burela-Cervo: Santa María de Burela, San Xiao de Castelo, Santa María de Cervo, Santa María de Lieiro, Santa María de Rúa, Santiago de Sargadelos, San Román de Vilaestrofe; San Pedro de Cangas, San Xiao de Cordido.

· UPA Foz: Santiago de Foz, Santiago de Fazouro, San Xiao de Nois, San Martiño de Mondoñedo, San Acisclo do Valadouro, Santa Cilla do Valadouro, San Xoán de Vilaronte; San Cosme de Barreiros, San Pedro de Benquerencia, Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos, San Miguel de Reinante, Santiago de Reinante, San Xoán Vilamartín Pequeno.

· UPA Ribadeo: Santa María do Campo de Ribadeo, San Pedro de Arante, Santa María Madanela de Cedofeita, Santiago de Couxela, San Vicenzo de Cubelas, Santa Olalla da Devesa, San Xoán de Ove, San Xoán de Piñeira, San Pedro de Rinlo, Santa Olalla de Vilaosende, Santa María de Vilaselán, San Lourenzo de Vilaframil; Santa María de Trabada, Santa María Madanela de Balboa, Santo Estevo de Fórnea, Nosa Señora das Dores da Ría de Abres, San Xiao de Sante, San Mateo de Vidal, San Román de Vilaformán, Santiago de Vilapena.

· UPA A Pontenova: O Sagrado Corazón da Pontenova, San Pedro de Bogo, Santa María de Conforto, Santo Estevo de Rececende, San Xoán de Rececende, San Xiao de Vilaboa, San Vicenzo de Vilameá, Santiago de Vilaodriz, San Martiño de Vilaouruz, O Divino Salvador de Vilarmide, Santa María Madanela de Xudán; San Pedro de Riotorto, Santa María de Espasande, San Xiao de Ferreiravella, Santa María de Galegos, San Lourenzo da Moxoeira, Santa Comba de Órrea, Santa Marta de Meilán.

· UPA O Valadouro: Santa María de Ferreira do Valadouro, San Xoán de Alaxe, Santa Olalla de Budián, San Xurxo do Cadramón, Santa Olalla de Frexulfe, Santo Estevo de Moucide, San Xiao de Recaré, Santo Tomé de Recaré, Santa Cruz do Valadouro, Santa María de Vilacampa; San Pedro de Mor, Santiago de Adelán, Santa María de Bacoi, San Sebastián de Carballido, O Divino Salvador de Castro de Ouro, San Vicenzo de Lagoa, San Mamede das Oiras, Santa María do Pereiro.

Os concellos nos que están as UPA deste arciprestado son: Abadín, Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Mañón, Mondoñedo, Lourenzá, Ourol, O Vicedo, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Valadouro, Viveiro e Xove, cunha poboación aproximada de 75.769 habitantes.


ARCIPRESTADO DE FERROL

· UPA Caranza-O Pilar: Santa María de Caranza e Barrio do Bertón, Nosa Señora do Pilar.

· UPA Ferrol-Centro: San Xiao de Ferrol, Nosa Señora do Carme de Ferrol, Nosa Señora do Socorro de Ferrol, Nosa Señora das Dores de Ferrol, Nosa Señora das Angustias de Ferrol, Santa Cruz de Canido e San Rosendo de Canido.

· UPA Ferrol-Ensanche: Nosa Señora do Rosario de Ferrol, San Pedro Apóstolo de Ferrol, San Domingos de Ferrol e San Xoán de Filgueira.

· UPA Ferrol-Rural: Santa Mariña de Ferrol, o Divino Salvador de Serantes, San Antón da Cabana, Santa Rosa de Viterbo da Graña, Santa María de Brión, San Martiño de Cobas, San Román de Doniños, San Xoán de Esmelle, Santa Uxía de Mandiá, San Paulo de Catabois e San Xurxo da Mariña.

· UPA San Martiño: Santa Icía Trasancos, San Xosé Obreiro de Narón, Santiago Apóstolo de Narón e San Martiño do Couto.

· UPA Claret: San Vicenzo de Meirás, Santiago de Lago, San Bartolomeu de Lourido, Santa María de Sequeiro, Santa María de Castro, Santa María Maior do Val, San Mateo de Trasancos e Santo Estevo de Sedes.

· UPA Neda: San Nicolás de Neda, Santa María de Neda, San Pedro de Anca e Santo André de Viladonelle; Santa Rita de Xuvia, Nosa Señora dos Desamparados de Piñeiros, San Xiao de Narón.

Os concellos nos que están as UPA deste arciprestado son: Ferrol, Narón, Neda e Valdoviño, cunha poboación aproximada de 112.587 habitantes.


ARCIPRESTADO DE TERRA CHÁ

· UPA Castro Ribeiras de Lea: Santiago de Duarría, O Divino Salvador de Ansemar, San Xoán Azúmara, O Divino Salvador de Balmonte, San Pedro de Bazar, Santo André de Bendia, San Xoán de Castro de Rei, Santa María de Duancos, Santo André de Ferreiros, San Martiño de Ferreiros, San Martiño de Goberno, San Bartolomeu de Lea, Santo Estevo de Loentia, Santa María de Ludrio, San Cidre do Matodoso, Santiago de Mondriz, San Xiao de Mos, Santa Comba de Orizón, Santa María de Outeiro, O Divino Salvador de Pacios, Santo Estevo de Prevesos, Santa María de Quintela, Santa Mariña de Ramil, San Xoán de Ribeiras de Lea, San Pedro de Santa Locaia, San Pedro de Triabá, Santiago de Viladonga; Santo André de Barredo, Santiago da Meda; San Paio de Bexán, Santiago de Xustás; Santiago de Silva; Santa María Madanela de Sobrada, San Pedro de Taboi; O Divino Salvador da Pastoriza, Santa María de Bretoña, Santa María de Álvare, San Pedro Fiz de Baltar, Santa María de Vián, San Bartolomeu de Cadavedo, San Martiño de Corbelle, O Divino Salvador de Crecente, O Divino Salvador de Fonmiñá, San Martiño de A Garda, San Mamede de Gueimonde, San Xoán de Lagoa, Santo André de Loboso, San Cosme de Piñeiro, Santa Catarina de Pousada, San Vicenzo da Regueira, Santiago de Reigosa, San Miguel de Saldanxe, San Xoán de Úbeda; San Pedro de Aldurfe.

· UPA Cospeito: San Xoán de Sistallo, Santa Mariña de Muimenta, San Paio de Arcillá, Santa María de la Cabeza de Arneiro, Santa María de Bestar, Santa María de Cospeito, San Xurxo de Goá, San Martiño de Lamas, San Martiño de Pino, San Pedro de Momán, Santa Olalla de Rioaveso, San Miguel de Roás, San Xiao de Santa Cristina, San Pedro de Seixas, Santa Olalla de Sisoi, San Xiao de Támoga, Santa María de Vilapene, Santa María de Xermar.

· UPA Guitiriz: San Xoán de Lagostelle (Guitiriz), Santo Estevo de Parga, San Xiao de Becín, San Pedro do Buriz, Santa María de Labrada, Santa Olalla de Mariz, San Vicenzo dos Vilares, Santa Mariña de Lagostelle, San Salvador de Parga, Santa Cruz de Parga, Santa Locaia de Parga, San Pedro de Pígara, San Xiao de Roca, San Breixo de Parga, Santiago de Trasparga, Santa María de Vilar; San Pedro de Begonte, Santa María de Saavedra, Santiago de Baamonde, Santa Olalla de Bóveda, San Martiño de Carral, Santa María de Castro, San Pedro Fiz de Cerdeiras, O Divino Salvador de Damil, San Cristovo de Donalbai, Santiago de Felmil, San Xiao de Gaibor, Santiago de Illán, San Martiño de Pacios, San Vicente de Pena, Santa Olalla de Pena, Santa María de Trobo, Santo Estevo de Uriz, San Xoán de Valdomar, Santa Helena de Virís.

· UPA Vilalba: Santa María de Vilalba, San Xoán de Alba, San Lourenzo de Árbol, San Martiño de Belesar, Santiago de Boizán, Santa María de Carballido, San Martiño de Codesido, San Bartolomeu de Corbelle, San Simón da Costa, San Martiño de Distriz, Santiago de Goiriz, Santa María de Gondaísque, San Bartolomeu de Ínsua, O Divino Salvador de Ladra, San Martiño de Lanzós, San Xiao de Mourence, San Cosme de Nete, San Martiño de Noche, San Mamede de Oleiros, San Xurxo de Rioaveso, Santa Olalla de Román, Santiago de Samarugo, Santiago de Sancobade, San Pedro de Santaballa, Santa María de Soexo, Santa María Maior de Tardade, Santa María de Torre, San Mamede de Vilapedre, O Divino Salvador de Xoibán; San Xiao de Cazás.

Os concellos nos que están as UPA deste arciprestado son: A Pastoriza, Castro de Rei, Cospeito, Begonte, Guitiriz, Vilalba, Castroverde, Outeiro de Rei, Pol, Riotorto, Xermade, cunha poboación aproximada de 36.234 habitantes.


ARCIPRESTADO DE ORTEGAL

· UPA As Pontes: Santa María das Pontes, Santa María de Vilavella, Santa María de Espiñaredo, Santa María do Aparral, San Xoán do Freixo, Santa María do Deveso, San Mamede das Pontes; Santiago Seré das Somozas, Santa María de Recemel, Santa María de Seixas; San Pedro do Val de Xestoso, Santa María do Alto de Xestoso; Santa María de Xermade, Santa Olalla de Burgás, Santa Mariña de Cabreiros, San Miguel de Candamil, San Mamede de Momán, Santo André de Lousada, San Martiño de Piñeiro, San Pedro Fiz de Roupar, San Pedro de Miraz; San Pedro de Muras, Santa María da Balsa, San Xiao de Irixoa, Santa María do Burgo, Santo Estevo de Silán, Santa María do Viveiró.

· UPA Valdoviño: Santa Olalla de Valdoviño, San Pedro de Loira, Santiago de Pantín, San Vicenzo de Vilaboa; Santa María Maior de San Sadurniño, Santa María de Bardaos, San Paio de Ferreira, Santa María de Igrexafeita, San Xiao de Lamas, Santa María de Naraío, Santa Mariña do Monte; San Xurxo de Moeche, San Xoán de Moeche, Santa Cruz de Moeche; Santiago de Abade, Santa María de Labacengos, San Lourenzo de Doso, O Divino Salvador de Pedroso.

· UPA Cariño: San Bartolomeu de Cariño, Santa María da Pedra, San Pedro de Feás, Santiago de Landoi, Santo Estevo de Sismundi; Santa María de Mera, Santiago de Mera, San Adrián de Veiga.

· UPA Cedeira: Santa María do Mar de Cedeira, Santa Olalla de Cervo, San Fiz de Esteiro, San Cosme de Piñeiro, San Xiao de Montoxo, San Román de Montoxo, Santa María de Régoa, Santo André de Teixido; San Martiño de Cerdido, San Antón da Barqueira, San Xoán dos Casás, San Martiño de Vilarrube.

· UPA Ortigueira: Santa Marta de Ortigueira, Santa María das Neves, San Xiao de Barbos, San Xiao de Céltigos, San Cristobo de Couzadoiro, San Salvador de Couzadoiro, Santiago de Cuiña, San Sebastián dos Devesos, San Xiao do Ermo, San Xoán de Espasante, San Paulo dos Freires, San Xoán de Ínsua, Santa Olalla de Ladrido, San Xiao de Loiba, Santa María de Luía, Santa María de San Claudio, San Xiao de Senra.

Os concellos nos que están as UPA deste arciprestado son: As Pontes, As Somozas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Ortigueira, Moeche, Narón, San Sadurniño, Valdoviño, Muras, Xermade e Monfero, cunha poboación aproximada de 40.944 habitantes.

En consecuencia:

1. Coa agrupación en catro dos antigos arciprestados, queda modificada a distribución xeográfica da diocese de Mondoñedo-Ferrol.

2. Queda derogada calquera normativa diocesana que poida obstar a esta nova ordenación da administración pastoral do territorio diocesano, ou que se opoña ás atribucións e competencias dos arciprestes.

3. O presente decreto entrar en vigor o 1 de setembro de 2023.

4. Déase traslado do mesmo a todos os sacerdotes para o seu coñecemento e para información dos fieis.

Dado en Mondoñedo a 1 de setembro 2023.

+ Fernando García Cadiñanos,
Bispo de Mondoñedo-Ferrol

Por mandato da súa Excelencia Rvmda.:
Félix Villares Mouteira
Chanceler-Secretario Xeral

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas