Provincia eclesiásticaProvincia eclesiástica
Referencias históricas
A provincia eclesiástica de Santiago de Compostela constitúe unha das catorce provincias eclesiásticas en España. Está formada pola arquidiocese de Santiago de Compostela(erixida no século IX), que é a sé metropolitana, e as dioceses sufragáneas de Mondoñedo-Ferrol (século VI) , Lugo (século II), Ourense (século V) e Tui-Vigo (século VI). O arcebispo de Santiago de Compostela é o metropolitano da provincia e ten autoridade limitada sobre as dioceses sufragáneas. Tras o concordato de 1953 modificáronse os límites da diocese de España, producíndose así unha serie de agregacións e segregacións entre as dioceses de Oviedo, Astorga, Mondoñedo-Ferrol, Lugo e Ourense, para que en cada unha delas non houbese territorios dunha rexión distinta á das súas sedes; a excepción dos arciprestados de Rúa e Barco de Valdeorras , na provincia de Ourense.
Parroquias e poboación
Actualmente, a provincia ten ao redor de 3.645 parroquias, cunha poboación de 2.669.768 habitantes: Santiago de Compostela (1.071 parroquias e 1.339.464 habitantes), Mondoñedo-Ferrol (422 e 258.942), Lugo (1139 e 262.265), Ourense (736 e 274.598) e Tui-Vigo (276 e 534.499).
Tras as súas últimas reestruturacións, as dioceses da provincia eclesiástica subdivídense nun total de 84 arciprestados, repartidos da seguinte maneira: Santiago de Compostela (15), Mondoñedo-Ferrol (4), Lugo (14), Ourense (12) e Tui-Vigo (14).







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















