Quen somosQuiénes somos
Benvida/o á páxina oficial da diocese de Mondoñedo-Ferrol! Saudámoste desde o extremo noroeste de España. A nosa páxina é como un balcón ao que nos asomamos para contemplar o horizonte e o ambiente en que vivimos. Por iso vimos asomándonos a ela xa desde hai uns anos. Pero queremos que sexa tamén unha porta que se abra de par a par para que poidan entrar na nosa casa, na nosa propia familia, todos os que se achegan para contemplar a vitalidade desta Igrexa diocesana.
Que é unha diocese? A diocese de Mondoñedo-Ferrol
A diocese é unha porción da Igrexa circunscrita territorialmente e cuxo coidado pastoral é encomendado a un bispo. O Código de Dereito Canónico defínea deste xeito: “A diocese é unha porción do pobo de Deus, cuxo coidado pastoral encoméndase ao bispo coa cooperación do presbiterio, de maneira que, unida ao seu pastor, e congregada por el no Espírito Santo mediante o evanxeo e a eucaristía, constitúe unha Igrexa particular, na cal verdadeiramente está presente e actúa a Igrexa de Cristo unha, santa, católica e apostólica” (c.369). Por tanto, a diocese de Mondoñedo-Ferrol está constituída pola comunidade de cristiáns que, seguindo a invitación de Xesús, nun territorio concreto que compón parte das provincias de Lugo e A Coruña, presididos polo bispo monseñor Fernando García Cadiñanos, tratan de vivir a chamada de Xesús e o seu compromiso cristián desde a condición de laicos, consagrados ou ministros ordenados.
Accións fundamentais
Tres son as accións fundamentais que realiza esta comunidade eclesial desde a caridade como valor esencial:
· Anuncio e testemuño da Palabra de Deus e de Xesucristo como Palabra de Deus.
· Celebración e oración, especialmente ao redor da celebración dos sacramentos signos sensibles a través dos cales recibimos a graza, e de modo particular na eucaristía, centro e culmen da vida cristiá.
· Caridade e servizo á nosa sociedade a través da transformación do noso mundo e da axuda aos máis necesitados.
Situación, demografía e territorio
A diocese de Mondoñedo-Ferrol, sufragánea de Santiago, abarca toda a zona norte da provincia de Lugo e a parte máis setentrional da da Coruña. Ten por límites, ao norte, o mar Cantábrico e o Atlántico; ao sur, o bispado de Lugo, constituíndo a liña divisoria entre ambos os confíns da chamada Terra Chá; ao leste, a arquidiocese de Oviedo, da que a separa o río Eo; e ao oeste a arquidiocese de Santiago de Compostela, interpoñéndose como divisoria a ría de Ferrol e unha liña que podería trazarse entre San Nicolás de Neda e As Pontes de García Rodríguez, para proseguila despois polos límites entre a provincia de Lugo e A Coruña ata chegar á zona de Guitiriz.
Comprende unha superficie total de 4.523,68 quilómetros cadrados e 259.098 habitantes (Arciprestado de Mondoñedo: 74.924 hab.; arciprestado de Ferrol: 110.157 hab.; arciprestado de Ortegal: 38.764 hab.; arciprestado de Terra Chá: 35.253 hab.).
O número total de parroquias canónicamente erixidas que a compoñen é de 422, reagrupadas en 24 unidades pastorais (UPA). Está dividida á súa vez en catro arciprestados (segundo Decreto do 1 de setembro de 2023: Mondoñedo (157 parroquias e 8 UPA), Ferrol (44 parroquias e 7 UPA), Ortegal (82 parroquias e 5 UPA) e Terra Chá (139 parroquias e 4 UPA).
Por decreto da Sacra Congregación Consistorial do ano 1954 -executado en marzo de 1955- perdeu a diocese todos os seus enclaves, a saber: as parroquias do arciprestado de Melide, que se incorporaron ao bispado de Lugo; as do de Camariñas, xuntamente coa de Miño, que se agregaron a Santiago. En compensación, recibiu cinco parroquias que pertencían á arquidiocese de Oviedo e á provincia de Lugo, e seis parroquias con cinco anexos, sitas entre Baamonde e Begonte, que foron segregadas da diocese de Lugo.
Informes estatísticos
A acción pastoral e social da diocese en cifras: balance 2025
DESCARGA: Memoria de Actividades da Igrexa de Mondoñedo-Ferrol (2017-2025)
DESCARGA: Datos poboacionais por arciprestados, UPA e parroquias (2022)








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















