Domus ecclesiaeDomus Ecclesiae
Referencias históricas
Edificio inaugurado en 1963, obra do arquitecto Vicente García Lastra, situado no barrio de Canido, fronte ao incomparable marco da ría de Ferrol. O proxecto foi considerado no seu momento como un logro harmónico de funcionalidade e elegancia de liñas.
Sendo bispo diocesano monseñor Jacinto Argaya Goicoechea, auténtico valedor de que a Domus fose unha realidade, colocouse e bendixo a primeira pedra en agosto de 1961. Estando aínda en construción foi visitada polo nuncio da súa santidade en España, monseñor Antonio Riberi, quen a bautizou co nome de «Domus Ecclesiae».
Funcionou orixinalmente, ademais de como residencia episcopal, de convitorio sacerdotal agregado á Universidade Pontificia de Salamanca; tamén acollería a sede de diversas asociacións e movementos de seglares que desempeñaban tarefas apostólicas. En 1966 instalouse nas súas dependencias a primeira emisora de radio diocesana, a primeira de Galicia, incorporada á Cadena de Ondas Populares Españolas (COPE). Funcionou tamén como residencia universitaria ata o ano 2007.
Na actualidade alberga a residencia oficial do bispo na cidade, as oficinas administrativas, o tribunal eclesiástico, o arquivo administrativo diocesano, a secretaría de Comunicación, o Servizo de Publicacións, os despachos das delegacións; ademais da biblioteca-hemeroteca ‘Estudios Mindonienses’.
Situación e contacto
Miramar, s/n, 15401, Ferrol (A Coruña)
981 353 295 | 981 353 200
De luns a venres, de 08:00 a 15:00 h.; os martes e xoves, de 16:00 a 18:00 h. (de xuño a outubro).
Referencias bibliográficas
· “Domus Ecclesiae, ano primeiro (1963-1964)”, en EstudIos Mindonienses, 29, 2013, pp. 341-518.
· “Memoria histórica do barrio de Canido”, Embora, 2019. Inclúe o artigo: “«Domus Ecclesiae: Orixe dunha Igrexa diferente para Ferrol«.“.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















