Cátedra UDC

Finalidade e obxectivos

A cátedra “Diocese de Mondoñedo-Ferrol – Universidade da Coruña” ten como finalidade fomentar o intercambio do saber e experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultur en xeral. Os obxectivos que se expón serán os seguintes:

· Ofrecer un espazo formativo de reflexión plural sobre a achega relixiosa á cultura europea.

· Promover o uso e investigación do patrimonio histórico-artístico e documental da diocese de Mondoñedo-Ferrol.

· Fomentar a conciencia social e a solidariedade real mediante a divulgación de distintas iniciativas de promoción humana na contorna.

· Escoitar, valorar e aproveitar as achegas multidisciplinares que a Universidade pode ofrecer á Igrexa cara á súa misión de servizo a todos.

· Impulsar a investigación e a transferencia de coñecemento en Ciencias Humanas e Sociais, centrándose nas áreas de actuación de ambas as institucións.

Unha comisión de seguimento velará polo cumprimento destes obxectivos. Estará formada pola vicerreitora do Campus de Ferrol, a decana da facultade de Humanidades e Documentación, e a directora da cátedra, por parte da Universidade da Coruña. E por parte da diocese de Mondoñedo-Ferrol, os integrantes serán o responsable diocesano de Cultura e o secretario-bibliotecario de “Estudos Mindonienses”. O centro de adscrición da cátedra será a facultade de Humanidades e Documentación de Ferrol.

O convenio comezará a producir os seus efectos a partir da data da súa sinatura (2022), terá unha duración de tres anos e poderá ser renovado tacitamente por períodos de catro anos de non manifestarse en contra ningunha das partes.

A posta en marcha desta iniciativa complementa o traballo conxunto entre ambas as institucións desde hai anos, como a celebración do I Congreso de Patrimonio Cultural da Diocese de Mondoñedo-Ferrol (1999); a cesión de parte do fondo de publicacións periódicas da biblioteca-hemeroteca da Domus Ecclesiae á biblioteca universitaria “Casa do Patín” (desde 1997); a realización de prácticas curriculares dos alumnos do grao de Información e Documentación no arquivo e na biblioteca especializada da Domus Ecclesiae de Ferrol (desde 2018); e a organización de visitas a espazos de especial relevancia patrimonial e cultural na diocese.


Programación 2023

· 19 abril: Ciclo de conferencias. “Profetas nos arquivos de Mesopotamia e na Biblia” e “Sobre escribas e escritura. Espazos e sentidos do escrito no Antigo Exipto”.

· 26 abril: Ciclo de conferencias. “Bibliotecas, scriptoria e oficios de ciencia sacerdotal na civilización faraónica” e “Deus e o home xuntamente”: de Mesopotamia aos nosos días”.

· I Xornadas «Bibliotecas e responsabilidade social». Aula Magda da Facultade de Humanidades e Documentación de Ferrol.

· Convocatoria de varias bolsas de formación nas bibliotecas diocesanas (uso e tratamento dos fondos bibliográficos, planificación, xestión e execución dos distintos servizos bibliotecarios) (Máis información proximamente).


Directora

Prof. Dña. María Rocío Ameneiros Rodríguez
rocio.ameneiros@udc.es


Coordinador

Prof. D. Benito Méndez Fernández
bmf@mondonedoferrol.org


Secretario

Carlos M. Alonso Charlón
catedraUDC@mondonedoferrol.org


Situación e contacto

Facultade de Humanidades e Documentación
Rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n. Campus de Esteiro, 15403, Ferrol (A Coruña)
+34 881 01 37 16
catedraUDC@mondonedoferrol.org
Twitter
Facebook
Instagram
Youtube


Noticias

ENTREVISTA – Rocío Ameneiros: “Las bibliotecas son agentes de transformación social y de cambio”
ENTREVISTA – Benito Méndez: «Ferrol ha ganado mucho prestigio con la presencia del Campus Industrial» 
El Campus de Ferrol acogerá el I Ciclo de Conferencias de la Cátedra Diócesis-UDC
ENTREVISTA – Rocío Ameneiros: «Las bibliotecas, al facilitar el acceso a la cultura, evitan la desigualdad»


Multimedia

VÍDEO Conferencia “Las buenas prácticas de un bibliotecario de fondo antiguo”
VÍDEO Conferencia “¿Hasta dónde es responsable la responsabilidad social en nuestras bibliotecas?”
VÍDEO Conferencia “Evolución de las bibliotecas de la provincia de Barcelona: preservación y proyección al futuro”
VÍDEO Conferencia “La biblioteca rural en España: últimas iniciativas desde el Ministerio de Cultura y Deporte”
VÍDEO – Mons. Fernando García Cadiñanos: “Es un día importante para Ferrol y para toda la diócesis”
VÍDEO – Julio Abalde: “Ferrol y su comarca ven como se alinean las entidades para avanzar en beneficio de la sociedad”