Movementos apostólicosMovimientos apostólicos

Acción Católica General (ACG)

A Acción Católica Xeral é unha asociación laical creada pola propia Igrexa para a evanxelización das persoas e das realidades nas que está inmersa a parroquia. Ten como vocación anunciar a Xesucristo a todas as persoas, colaborando na maduración da fe cristiá de quen dá os seus primeiros pasos na fe e na vida da Igrexa, e establecendo nas parroquias unha proposta estable e articulada para o laicado de todas as idades (infancia, mozos e adultos). Tal como recollen os seus estatutos, aprobados pola Conferencia Episcopal Española na súa XCIII Asemblea Plenaria, “Acción Católica Xeral” é un “movemento de ámbito estatal, integrado na Acción Católica Española. Ten personalidade xurídica propia, como asociación pública de fieis, e réxese polos presentes estatutos, polas bases xerais da Acción Católica Española, polos estatutos da Federación de Movementos de Acción Católica e polas disposicións do Dereito Canónico que lle sexan de aplicación”.

Presidenta
Dña. Luz María Pousa Ríos
www.accioncatolicageneral.es

Consiliario
Rvdo. D. Carlos Gómez Iglesias


Adoración Nocturna Española

A Adoración Nocturna é un movemento da Igrexa impulsado polo Papa e os bispos, conscientes da necesidade que existe de: escoitar a Xesús que nos fala; revitalizar coa oración a vida espiritual dos crentes; ser o soporte da obra evanxelizadora da Igrexa; reparar polas inxustizas e desordes da sociedade. Está estendida por todo o mundo. Nas distintas parroquias de España hai grupos de cristiáns amantes da eucaristía que, sentindo a necesidade do encontro con Deus e consigo mesmos, asisten á cita mensual con Xesús sacramentado crendo, esperando e amando para unirse en oración a toda a Igrexa.

Presidente
D. Eduardo Máiz Vázquez

Consiliario
Rvdo. D. José Bello Lagüela
jbello@mondonedoferrol.org


Hermandad Obrera de Acción Católica (HOAC)

A Hermandad Obrera de Acción Católica (HOAC) foi creada en 1946 pola Igrexa española, como movemento especializado dentro da Acción Católica para a evangelización do mundo obreiro. Está formada por homes e mulleres que decidiron vivir a fe e o seguimento a Xesucristo nas condicións de vida e traballo do mundo obreiro, nos sectores máis débiles e empobrecidos, realizando un compromiso evanxelizador no seu lugar de traballo, nolos seus ambientes, nas organizacións obreiras…, participando activamente na súa Igrexa diocesana, achegando así a Igrexa ao mundo obreiro e o mundo obreiro á Igrexa. Unha tarefa fundamental da HOAC é facer xurdir, formar, orientar e soster militantes obreiros cristiáns cun proxecto evanxelizador. De aquí a importancia que ten a formación, entendida como o logro progresivo dun modo de ser, de pensar, de sentir, de actuar e de vivir, persoal e comunitariamente, profundamente cristián.

Presidenta
Dña. María Teresa Vilariño Lorenzo
981 314 747
www.hoacferrol.wordpress.com
Facebook

Consiliario
Rvdo. D. Alfonso Gil Montalbo


Movimiento Cursillos de Cristiandad

O Movimiento Cursillos de Cristiandad é un movemento eclesial de difusión mundial que actúa no interior da Igrexa católica, sentíndose chamado a participar activamente na gran misión da evanxelizacion. A súa finalidade apostólica consiste en levar a fe cristiá aos diferentes ambientes da vida. A finalidade deste obxectivo alcánzase mediante unha específica metodoloxía kerigmática, que consta de tres tempos: Precursillo, Curso e Postcursillo. Os temas e os contidos dos tres días do Curso son iguais en todo o mundo. Son os contidos fundamentais do credo da nosa fe católica: Xesucristo, a gracia, os sacramentos, a Igrexa, o apostolado, a profundización das verdades de fe e as experiencias da fe.

Presidente
D. Jesús Fermín Rodríguez Pérez
www.crusillosdecristiandad.es

Consiliario
Rvdo. D. José Bello Lagüela
982 560 818
jbello@mondonedoferrol.org


Movimiento Vida Ascendente

Movemento de apostolado seglar de persoas xubiladas, recoñecido e aprobado pola Conferencia Episcopal Española. É un movemento de seglares dirixido por seglares. O seu obxectivo é «levar a mensaxe evanxélica aos maiores e xubilados, para que acheguen á sociedade e á Igrexa a súa fe, a súa experiencia e o seu tempo dispoñible». Actualmente esta establecido en todas as dioceses españolas, contando con preto de 30.000 membros repartidos en 1.800 grupos en parroquias: urbanas e rurais e en residencias.

Presidenta
Dña. Balbina Dopico Aneiros
www.vidaascendente.es

Consiliario
Rvdo. D. Ramón Antonio López Rodríguez


Hospitalidad de Nuestra Señora de Lourdes

A Hospitalidad de Lourdes de Mondoñedo-Ferrol é unha asociación privada de fieis, con personalidade xurídica privada, constituída na diocese de Mondoñedo-Ferrol, ao amparo do establecido no Código de Dereito Canónico. Monseñor Gea Escolano aprobou os estatutos desta asociación, erixíndoa como entidade con personalidade xurídica privada o 28 de decembro de 1987. Ten o seu domicilio social na casa reitoral da parroquia de Santa Icía de Trasancos (Ferrol-Narón) e entre as súas funcións e actividades principais destaca a propagación, difusión e vivencia do espírito da mensaxe da Virxe María a santa Bernardetta en Lourdes, baixo as directrices do maxisterio da Igrexa; segundo o espírito evanxélico e en colaboración e participación nos plans pastorais diocesanos.

Presidente
D. Enrique Carrodeguas Abella

Consiliario
Rvdo. D. Cándido Otero López
hospitalidadlourdes@mondonedoferrol.org