Vida contemplativa
Escravas do Santísimo Sacramento e da Inmaculada
Emilio Antón, 1-3, 15401, Ferrol (A Coruña)
981 353 350
www.esclavasdelsantisimo.org
Fundadas polo padre Aldama para vivir en permanente adoración do Santísimo Sacramento. Fronte ao Parador de Turismo e da fonte de San Roque, no límite entre os barrios de Ferrol Vello e da Magdalena, venerábase antigamente unha capela dedicada a san Roque como protector da peste e das enfermidades. En 1958, esa capela recúbrese polas súas catro bandas por o edificio que coñecemos na actualidade, e cuxa planta circula ao redor de dita capela, que segue conservándose, e onde se ofrece de modo moi especial un lugar onde a continua exposición do Santísimo abre a posibilidade da oración e o encontro ás xentes de Ferrol e aqueles que o visitan.
Clarisas
Clemente Martínez Pasarón, 5, 27700 Ribadeo (Lugo)
982 128 119
www.uparibadeo.net/clarisas
A comunidade de monxas clarisas da nosa diocese está a celebrar os 800 anos, desde que en 1212 san Francisco establecera no pequeno convento de San Damián a santa Clara de Asís. Os primeiros conventos de clarisas que se fundaron en España foron os de Pamplona (28 anos despois que o de Asís), Zaragoza e Burgos en 1234, Barcelona en 1236 e, en vida de santa Clara aínda, os de Calatayud, Valencia, Salamanca, Ciudad Rodrigo, Lérida, Valladolid e Zamora.
Concepcionistas Franciscanas
Concepción, 30, 27740, Mondoñedo (Lugo)
982 521 176
Visita virtual
Irmáns Villar Ponte, s/n, 27850, Viveiro (Lugo)
982 560 364
oicviveiro@mondonedoferrol.org
Visita virtual
Ter a dous grandes fundadores na súa orixe como Beatriz de Silva e san Francisco de Asís, fai da comunidade de Concepcionistas Franciscanas de Viveiro un referente de vida enraizado en dous grandes testemuños de vivencia do evanxeo e seguimento de Cristo. Na nosa diocese dúas son as comunidades de clausura da orde Concepcionista Franciscana que se sitúan en Mondoñedo e Viveiro.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















