CONFER
A Conferencia Española de Relixiosos (CONFER), é un organismo de dereito pontificio constituído polos superiores maiores dos institutos relixiosos e sociedades de vida apostólica establecidos en España, en canto lexítimos representantes dos seus membros. O seu fin fundamental é animar, servir e promover a vida relixiosa, procurando a unión de esforzos de todos os membros que a forman e establecendo a conveniente coordinación e cooperación coa Conferencia Episcopal Española e con cada un dos bispos nas cuestións de interese común, ao maior servizo da Igrexa.
A CONFER de Mondoñedo-Ferrol ten como obxectivo fomentar en cada diocese o trato e coñecemento dos relixiosos/as entre si, a súa animación mediante a organización de actividades de todo tipo, elaborando conxuntamente coa rexional a programación daquelas e o seu orzamento. Tamén son instrumentos de comuñón co bispo e de coordinación coa organización pastoral diocesana.
Presidente
P. Ángel Elako Maitó (Misionero Claretiano)
mondoniedo.presidencia@confer.es
www.confer.es
Vicepresidenta
Hna. Mercedes Crego López (Mercedaria)
Secretaria
Hna. Mercedes Crego López (Mercedaria)
Administradora
Hna. María Nieves Echevarría García de Mardones (Discípula de Jesús)
Vogal de Pastoral Xuvenil e Vocacional
Hna. Martina Sendino del Olmo (Hija del Divino Celo-Rogacionista)
Vogal de Xusticia e Solidaridade
Hna. Dolores Sierra (Esclava de la Inmaculada Niña)







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















