Institutos seculares
Misioneras Apostólicas de la Caridad
Asistencia relixiosa no CHUF “Arquitecto Marcide-Novoa Santos”
Domus Ecclesiae, Miramar, s/n, 15401, Ferrol (A Coruña)
www.misionerasapostolicasdelacaridad.org
Fundadas polo que foi bispo auxiliar de Oviedo e auxiliar do administrador apostólico de Tudela, monseñor Ángel Riesco, en proceso de canonización, nacido en 1902 en Bercianos de Vidriales (Zamora, diocese de Astorga), emigrante en Arxentina, entregado á catequese, aos pobres e enfermos. Gran traballador nos movementos apostólicos, sobre todo na Acción Católica, na promoción da vida espiritual e nas obras do templo parroquial de La Bañeza. Nomeado vigairo xeral, irradiou á diocese de Astorga o que cultivara en La Bañeza. Fomentou con amor e entrega as diversas formas de vida consagrada e sacerdotal, promovendo vocacións e sendo guía espiritual de numerosas persoas consagradas.
En 1957, funda o Instituto de Misioneras Apostólicas de la Caridad, co carisma especial de caridade, inspirado en san Pablo: “Caritas Christi urget nos” (a caridade de Cristo úrxenos), que lle leva a dar ao Instituto unha peculiaridade única naqueles anos: facer posible a vida consagrada no mundo, tamén a persoas enfermas, pobres de cultura e de medios económicos, e quen por causas similares non tiñan cabida en ningunha Institución de vida consagrada. Os seus últimos anos como bispo emérito foron ao servizo do Instituto, falecendo en #La Bañeza en 1972. As misioneiras recibiron a aprobación diocesana en 1978 e a pontificia en 1982, e están presentes en España, Arxentina, México e Perú.
Desenvolven a súa misión en grupos de vida fraterna ou de modo disperso, como é o caso da nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol, no que chegaron en 1995 representadas por Mercedes Chao Falcón, quen dedicou o seu apostolado ata o 2006 ás tarefas do coidado do Seminario de Mondoñedo, da súa hospedería, dos sacerdotes xubilados e dos sacerdotes enfermos da residencia sacerdotal. Tamén desde o ano 2000 Nieves Moure Castro dedicouse ao coidado do bispo José Gea Escolano. Desde fai máis de dez anos Ana García-Heras Martín continúa realizando a presenza e servizo destas misioneiras na nosa diocese a través do seu traballo comprometido no acompañamento de enfermos na residencia de Ferrol como delegada da Pastoral da Saúde, alentando os traballos desta delegación e coordinando e participando nas Xornadas Nacionais de Pastoral da Saúde, nos Encontros de Capeláns de Galicia ou nas Xornadas en Roma. A esta dedicación hai que engadir a súa colaboración desde o 2008 na pastoral parroquial de Santa María de Caranza-Ferrol.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















