ArquivosArchivos
Arquivo Histórico Diocesano de Mondoñedo (AHDM)
Situación e contacto
Praza da Catedral, 1, 27740, Mondoñedo (Lugo)
982 521 006
arquivo@mondonedoferrol.org
Horario
Luns, martes e mércores de 10:00 a 13:00 horas. Pechado no mes de agosto, Semana Santa e Nadal. Obrigatorio solicitar cita previa
Arquiveiro
Rvdo. D. Félix Villares Mouteira
Auxiliares
Rvdo. D. Manuel Escaríz Magariños
Rvdo. D. Jesús Grandal Vilariño
Rvdo. D. José Vega Pérez
Normas xerais: Acceso, consulta, reprografía e reproducción dixital
Indicacións para consultas
1.- As solicitudes que acheguen todos os datos imprescindibles para a procura e sexan para presentar en organismos oficiais responderanse con maior rapidez. Estes datos son: Nome e apelidos da/s persoa/s a buscar; data de nacemento, matrimonio ou defunción (segundo o que lles interese); e o máis importante de todos, a parroquia na que foi bautizada, casou ou se celebrou o funeral de enterro. Este último dato é imprescindible; sen el resulta imposible localizar a/s partida/s de interese, xa que a procura faise manualmente. Por iso, antes de enviar a súa solicitude, revise a documentación que dispoña, consulte aos seus familiares e procure enviarnos a maior cantidade posible de datos para facilitar a procura (en caso de non proporcionalos a súa solicitude non será atendida).
2.- Por favor, indique na súa solicitude a dirección de correo postal para ter coñecemento da súa procedencia e poder enviarlle a/s certificación/é en caso de localizalas.
3.- Neste arquivo só realizamos procuras relacionadas con procesos burocráticos (nacionalidade, asuntos legais… ), descartando aquelas con intereses particulares. Se non indica o motivo da súa solicitude, esta será automaticamente descartada.
4. Este arquivo non realiza procuras xenealóxicas.
5.- Para acudir en persoa a consultar a documentación nas dependencias deste arquivo deberá solicitar cita previa e esperar confirmación sobre a dispoñibilidade do día e da hora. Pola contra, non se poderá acceder á sala de consultas.
Fondos e coleccións
Co fin de que o investigador poida facerse unha idea xeral deste fondo documental, sinalamos a continuación as seccións e series que o conforman: I. Santa Sé e Nunciatura. II: Autoridades civís. III. Bispos diocesanos. IV. Vigairía xeral. V. Secretaría de Cámara. VI. Provisorato. VII. Documentación parroquial. VIII. Administración económica diocesana. IX. Delegación de capelanías e redencións. XI. Outros organismos diocesanos. Secretariados varios.
Arquivo da Catedral de Mondoñedo (ACM)
Situación e contacto
Praza da Catedral, 1, 27740, Mondoñedo (Lugo)
982 521 006
arquivo@mondonedoferrol.org
Horario
Lunes, martes e mércores de 10:00 a 13:00 horas. Pechado no mes de agosto, Semana Santa e Nadal. É obrigatorio solicitar cita previa
Arquiveiro
Rvdo. D. Félix Villares Mouteira
Reseña histórica
Empeza coa documentación da diocese, cando esta tiña a súa sé en San Martiño de Mondoñedo (Foz). Trasladada a capitalidade da diocese á actual cidade de Mondoñedo, continúa incrementándose con nova documentación, que custodia ao longo dos séculos. No século XIX o arquivo foi expoliado en tres ocasiones, sendo trasladados os seus fondos á capital da provincia, de onde foron recuperados, non sen experimentar considerables perdas, como o Tombo da Dignidade Episcopal, varios volumes de actas capitulares e libros e cadernos cobratorios de rendas e foros.
Bibliografía
Índice publicado no volume quinto das Actas de las I Jornadas de Metodología aplicada a las Ciencias Históricas de la Universidad de Santiago de Compostela, 1975, p.133-143, reproducido e lixeiramente ampliado en Estudios Mindonienses, 2, 1986. p. 441-453.
Instrumentos de descrición e consulta
· Catálogos: Catálogo dos documentos medievais escritos en pergamiño (871-1492); catálogo da documentación do século XVI; catálogo dos protocolos da primeira metade do século XVIII; colección diplomática medieval.
· Inventarios: Inventario de todos os fondos do arquivo e un índice impreso.
· Fichas: Hai 15.000 fichas, nas que poden localizarse facilmente os grandes temas, conceptos, nomes propios e topónimos de que se fai referencia nos inventarios.
· Fondos microfilmados: Microfilmaronse todos os documentos escritos en pergamiños soltos e os que se achan nos tombos, anteriormente descritos, correspondentes á Idade Media.
Servizos
Reprografía. Dispón, igualmente, de aparatos lectores de microfilms.
Biblioteca auxiliar
O cabido catedralicio dispón dunha pequena biblioteca ao servizo do arquivo. Composta por unhas 1050 obras, algunhas con bastantes volumes. As temáticas principais son as de dereito canónico e historia da Igrexa. Iniciouse unha pequena biblioteca de temas locais.
Arquivo Diocesano de Xestión-Administrativo de Ferrol (ADGAF)
Situación y contacto
Domus Ecclesiae, Miramar, s/n, 15401 Ferrol (A Coruña)
981 353 295
Horario
De luns a venres, de 8 a 15:00 horas, excepto os martes (con cita previa)
Arquiveiro
D. Carlos M. Alonso Charlón
carlos.alonso@mondonedoferrol.org
Membro da Asociación de Archiveros de la Iglesia en España (AAIE)
Membro da Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia (BAMAD)
Reseña histórica
Arquivo creado en 1963 a raíz da posta en funcionamento da Domus Ecclesiae, sede episcopal na cidade, convictorio sacerdotal e servizos xerais da curia.
Funcións
Este arquivo custodia a documentación mentres aínda está en trámite ou é de uso moi frecuente e ten que prestar servizo inmediato á diocese. A súa organización forma parte do traballo da propia unidade administrativa. Entre as súas funcións principais destacan a formación, a clasificación e a ordenación de expedientes, a creación de series, a descrición documental e a elaboración de bases de datos e índices.
Documentación que custodia
· De apoio informativo: Textos legais, boletíns oficiais, publicacións, copias de informes e dossier de prensa.
· Expedientes administrativos: Conxunto ordenado de documentos e actuacións que serven de fundamento e antecedentes dunha resolución administrativa, así como as dilixencias encamiñadas a executala. Está formado pola agregación sucesiva de documentos, solicitudes, ditames, informes, probas, dilixencias e resolucións derivadas da actividade diocesana diaria como institución relixiosa.
A documentación permanece neste arquivo ata a súa eliminación ou transferencia definitiva ao arquivo diocesano.
Series documentais
I. Bispos. II. Autoridades. III. Parroquias. IV. Institucións diocesanas. V. Administración. VI. Patrimonio. VII. Xudiciais. VIII. Outros organismos. IX. Persoal. X. Provisorato. XI. Documentación varia.
Fondos destacados
Domus Ecclesiae, Asilo ‘Mi Casa’, Fundacións, Tribunal diocesano e Instituto Filial de Canido.
Servizos
Asesoramento técnico. Resolución de consultas. Reprografía.
Prácticas universitarias
Desde o ano 2019 este arquivo mantén activo un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña (UDC), a través do cal os alumnos e alumnas do grao en Información e Documentación da facultade de Humanidades e Documentación poden solicitar as súas prácticas curriculares neste centro diocesano.