ArciprestadosArciprestazgos
O Código de Dereito Canónico define o «arciprestado» como a «unión de parroquias próximas entre si que facilitan o traballo pastoral mediante actividades comúns» (c. 374). O seu obxectivo, por tanto, é pastoral e convértese nunha estrutura de comuñón que axude a dinamizar as respectivas parroquias/UPA. Son un instrumento de sinodalidade, de animación e coordinación da acción pastoral. Á fronte do arciprestado o bispo nomea un arcipreste, que é un sacerdote encargado da coordinación pastoral dese territorio.
A diocese de Mondoñedo-Ferrol, segundo decreto do 1 de setembro de 2023, divídese en catro arciprestados: Mondoñedo, Ferrol, Terra Chá e Ortegal.
Arciprestado de Mondoñedo
Componse de 157 parroquias, agrupadas en 8 UPA (Mondoñedo, Abadín, Viveiro, Burela-Cervo, Foz, Ribadeo, A Pontenova, e O Valadouro). Os concellos nos que se asintan as UPA deste arciprestado son: Abadín, Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Mañón, Mondoñedo, Lourenzá, Ourol, O Vicedo, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Valadouro, Viveiro e Xove, cunha poboación aproximada de 74.980 habitantes.
Neste arciprestado sitúase desde fai oito séculos a catedral da diocese dedicada á nosa Señora da Asunción, así como o Real Seminario e o palacio episcopal. Nel estiveron as anteriores sedes episcopais de Bretoña, Ribadeo e a basílica de San Martiño de Foz.
Conta coa presenza pastoral das comunidades relixiosas das Esclavas de la Inmaculada Niña en Viveiro; Franciscanas da Purísima Concepción en Foz; Hermanas Apostólicas de Cristo Crucificado no Barqueiro; Hermanitas de los Ancianos Desamparados en Viveiro; Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl en Ribadeo e Mondoñedo; Hijas del Divino Celo-Rogacionistas en Burela; Hijas de la Virgen de los Dolores en Ferreira de Valadouro; Madres Clarisas en Ribadeo; e Madres Concepcionistas Franciscanas en Viveiro e Mondoñedo.
Arciprestado de Ferrol
Componse de 44 parroquias, agrupadas en 7 UPA (Caranza-Pilar, Ferrol Centro, Ferrol-Ensanche, Ferrol-Rural, San Martiño, Claret e Neda). Os concellos nos que se asintan as UPA deste arciprestado son os de Ferrol, Narón, Neda e Valdoviño, cunha poboación aproximada de 108.068 habitantes.
Neste arciprestado atópase a concatedral dedicada a San Julián e o edificio da Domus Ecclesiae, residencia episcopal na cidade de Ferrol, que acolle, ademais da residencia do bispo, as oficinas da curia diocesana, o tribunal eclesiástico, o arquivo e a biblioteca, e os despachos das delegacións e movementos.
Conta coa presenza pastoral das Misioneras Apostólicas de la Caridad; Discípulas de Jesús; Hermanitas de los Ancianos Desamparados en Piñeiros-Narón; Hermanos de las Escuelas Cristianas–La Salle en Ferrol; Hijas de Cristo Rey en Ferrol; Madres Mercedarias en Ferrol; Misioneros Claretianos; Padres Mercedarios; Siervas de Jesús de la Caridad; y Esclavas del Santísimo Sacramento y de la Inmaculada. Acolle tamén a parroquia castrense de San Francisco.
Arciprestado de Ortegal
Componse de 82 parroquias, agrupadas en 5 UPA (As Pontes, Valdoviño, Cariño, Cedeira, Ortigueira). Os concellos nos que se asintan as UPA deste arciprestado son: As Pontes, Somozas, Xermade, A Capela, Muras, Valdoviño, San Sadurniño, Narón, Cariño, Moeche, Cerdido, Cedeira e Ortigueira, cunha poboación aproximada de 38.764 habitantes.
Este arciprestado carece de presenza de vida relixiosa e acolle o santuario diocesano de Santo André de Teixido (Cedeira).
Arciprestado de Terra Chá
Componse de 139 parroquias, agrupadas en 4 UPA (Castro Ribeiras Lea, Cospeito, Guitiriz, Vilalba). Os concellos nos que se sitúan as UPA deste arciprestado son: A Pastoriza, Castro de Rei, Cospeito, Begonte, Guitiriz, Vilalba, Castroverde, Outeiro de Rei, Pol e Xermade, cunha poboación aproximada de 34.414 habitantes.
Conta coa presenza pastoral das Hermanas Apostólicas de Cristo Crucificado en Guitiriz e das Misioneras de Acción Parroquial en Vilalba.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















