Vigairía para a SinodalidadeVicaría para la Sinodalidad

Vigairo

Rvdo. D. Antonio Rodríguez Basanta
Nacido en Xove (Lugo), o 14 de febreiro de 1950. Fixo os seus estudos no Seminario de Lourenzá, Mondoñedo e na Universidade Pontificia de Salamanca. Ordenouse sacerdote en Xove o 1 de maio de 1976. Ampliou a súa formación en Madrid, na Universidade de San Dámaso, cursando o bienio de Pedagoxía catequética. A nivel académico foi profesor da Escola Diocesana de Teoloxía, da Escola de Axentes de Pastoral e do Instituto Superior de Ciencias Relixiosas San Agustín. Pastoralmente foi delegado de Catequese, vigairo territorial de Ferrol, director da publicación diocesana Dumio, reitor do Seminario, vigairo xeral e administrador diocesano en sede vacante. Foi párroco rural nas zonas de Ourol e Vicedo, en Ribadeo, nas Pontes, na zona de Vilalba, en Viveiro, Neda e Ferrol. Actualmente é párroco moderador da UPA Ferrol-Centro, delegado do Clero, cóengo da catedral de Mondoñedo, membro do Consello de Pastoral, do Consello Presbiteral e do Colexio de Consultores.


Competencias e responsabilidades

O vigairo para a Sinodalidade ten a responsabilidade de animar esta dimensión tan fundamental á que o papa Francisco nos convida. Unha sinodalidade que se fundamenta no descubrimento da vocación bautismal de todos os cristiáns e espertando a súa misión dentro do Pobo de Deus. Promove a escoita do Espírito nos necesarios procesos de discernimiento e anima, por tanto, o necesario coidado da espiritualidade en todos os bautizados. Dentro da súa área de competencia queda a coordinación das delegacións do Clero, Vida Consagrada, Leigos-Familia-Vida, Liturxia e Peregrinacións-Santuarios-Camiño de Santiago. Anima tamén a formación e acompañamento aos candidatos para o diaconado permanente e para os diferentes ministerios, así como os axentes da Palabra.


Situación e contacto

Domus Ecclesiae, Miramar, s/n, 15401, Ferrol (A Coruña)
981 353 295
vic.sinodalidad@mondonedoferrol.org