Vigairía XeralVicaría General
Vigairo
Rvdo. D. Gonzalo Varela Alvariño
vicarioxeral@mondonedoferrol.org
Situación e contacto
Domus Ecclesiae, Miramar, s/n, 15401, Ferrol (A Coruña)
981 353 295
Martes, de 10 a 13:00 horas, e xoves, de 12 a 14:00 horas
Palacio Episcopal, Praza da Catedral, 1, 27740, Mondoñedo (Lugo)
982 521 006
Xoves, de 10 a 11:00 horas (con cita previa)
Competencias e responsabilidades
Ao vigairo xeral compételle a potestade executiva que corresponde por dereito ao bispo diocesano, para realizar calquera tipo de actos administrativos, exceptuando con todo aqueles que o bispo se houbese reservado ou que requiran mandato especial. Correspóndenlle tamén as facultades habituais concedidas pola Sé Apostólica ao bispo, así como a execución dos rescriptos.
Na área da súa competencia queda a portavocía e o Servizo de Comunicación da diocese, as relacións institucionais, a delegación de Patrimonio e o cumprimento da Lei de Protección de Datos, así como da Comisión PROTEXE de infancia e persoas vulnerables. É o responsable tamén de animar e acompañar ás unidades pastorais.