Hospedería

Instalacións e servizos

O antigo Seminario de Santa Catalina, en plena cidade de Mondoñedo, converteuse nos últimos anos, ao perder o seu primeiro uso, en casa sacerdotal para os sacerdotes, especialmente os maiores, e en hospedería-casa de espiritualidade.

A Hospedería «Santa Catalina» foi creada na década dos anos noventa tras as obras de renovación de todo o edificio do Seminario. Está dividida en dúas seccións: unha delas, denominada «San Rosendo», posúe dez cuartos dobres e dous individuais; a segunda, «Santa Catalina», consta de dezaoito habitacións, catro de matrimonio e catorce dobres. Todas as habitacións están dotadas con baño, calefacción e teléfono.

Funciona todo o ano e convértese no lugar privilexiado para os peregrinos do Camiño de Santiago que queren descansar das súas fatigas. As súas instalacións constan dun comedor para máis de cen persoas con menú do día. Tamén para grupos ou particulares. Salas para conferencias, exposicións e proxeccións. Amplos espazos para pasear, retirarse, orar ou estudar.


Tempadas turísticas

Tempada alta: Do 16 de xuño ao 15 de setembro, Semana Santa e Festa de As San Lucas (do 12 ao 22 de outubro)
Prezos (IVE incluído):
· Cuarto individual: 29,00 € – Cuarto dobre: 48,00 €
· Pensión completa en cuarto dobre (por persoa): 43,00 €
· Pensión completa en cuarto individual: 48,00 €
· Media pensión en cuarto dobre (por persoa): 37,00 €
· Media pensión en cuarto individual: 42,00 €
· Habitación + almorzo en cuarto dobre (por persoa): 29,00 €
· Habitación + almorzo en cuarto individual: 34,00 €
· 1 cama supletoria: 15,00 €
· 2 camas supletorias: 26,00 €

Tempada baixa: Do 16 de setembro ao 15 de xuño, excepto Semana Santa e Festa de As San Lucas (do 12 ao 22 de outubro)
Prezos (IVE incluído):
· Cuarto individual: 23,00 € – Cuarto dobre: 33,00 €
· Pensión completa en cuarto dobre (por persoa): 35,50 €
· Pensión completa en cuarto individual: 42,00 €
· Media pensión en cuarto dobre (por persoa): 29,50 €
· Media pensión en cuarto individual: 36,00 €
· Habitación + almorzo en cuarto dobre (por persoa): 21,50 €
· Habitación + almorzo en cuarto individual: 28,00 €
· 1 cama supletoria: 11,00 €
· 2 camas supletorias: 18,00 €

Ambas tempadas
Prezos (IVE incluído):
Almorzos: 5,00 €
Comidas: 11,00 €
Ceas: 10,00 €
Comida/cea fins de semana e festivos: 13,00 €
Pensión alimenticia: 19,00 €
Media pensión alimenticia: 13,00 €

Salas, aulas e salón de actos
Prezos por día (IVE incluído):
· Salón de actos: 250,00 €
· Sala «Losada Quiroga»: 100,00 €
· Sala «Crecente Vega»: 100,00 €
· Sala «Fanego Losada»: 150,00 €
· Aulas: 50,00 €
En época invernal o prezo increméntase en 25 €.


Situación e contacto

Praza do Seminario, 27740, Mondoñedo (Lugo)
982 52 10 00 | 982 52 17 07
hospederiasantacatalina@mondonedoferrol.org


Xerente

D. Javier Pérez Visconti
gerentesantacatalina@mondonedoferrol.org


Reitor da casa sacerdotal

Rvdo. D. Félix Villares Mouteira
f.villares@mondonedoferrol.org