Colexios relixiosos ou de inspiración cristiáColegios religiosos o de inspiración cristiana

CPR Plurilingüe Santa Juana de Lestonnac

Nai Lestonnac, s/n, 15406, Ferrol (A Coruña)
981 370 170
info@lestonnacferrol.org
www.lestonnacferrol.org

O colexio «Santa Juana de Lestonnac», da institución relixiosa Compañía de María, atópase no barrio de Caranza da cidade de Ferrol. Comeza a funcionar no curso 1961-62 nos baixos das vivendas da Empresa BAZÁN, para dar resposta educativa ás fillas dos traballadores da esta empresa. A principios dos anos 70 comézase a construír o polígono de Caranza, e constrúese tamén o edificio actual do colexio, que funciona desde cUrso 1973-74. Na actualidade impártese desde educación infantil 3 anos ata 4º da ESO e dúas aulas de Educación Especial. Segue traballando na liña da innovación educativa en todos os ámbitos, tratando estar ao día en todos os proxectos que propón a Compañía de María, así como noutros que poidan resultar beneficiosos para o alumnado. Co paso dos anos foi vivindo o desexo de que sexa un colexio para todos e todas, onde cada neno ou nena teña o seu espazo e poida crecer feliz adquirindo recursos para desenvolverse na vida.


Colegio Plurilingüe Compañía de María

San Amaro, 18, 15403, Ferrol (A Coruña)
981 372 188
cpr.compania.maria.ferrol@edu.xunta.es
www.ciamariaferrol.net

A orde da Compañía de María é unha institución con máis de 400 anos de experiencia no mundo do ensino, sendo o seu colexio de Ferrol uno dos centros de máis tradición e prestixio, grazas á confianza que o pobo ferrolán sempre puxo nel. Avalado polo seu nivel académico, leva máis de 120 anos formando novas xeracións na cidade. O seu proxecto educativo baséase nos principios do humanismo cristián e nos valores transmitidos por Juana de Lestonnac, a fundadora da congregación: creando relacións que acompañen, integren e fagan crecer ao alumno; educando na vida e para a vida, no compromiso solidario; educando en comunidade desde un proxecto común, tratando de formar cabezas ben feitas, máis que ben cheas; e tendendo a man e mantendo a chama a través do encontro cun mesmo e cos outro.


Colegio Plurilingüe Jesús Maestro

Emilio Antón, 9, 15401, Ferrol (A Coruña)
981 351 318
contacto@jesusmaestrodiscipulas.org
www.jesusmaestrodiscipulas.org

O colexio «Jesús Maestro» das Discípulas de Jesús sitúase nun singular edificio ferrolán do arquitecto modernista Rodolfo Ucha Piñeiro. Conta con biblioteca, comedor escolar, aula de audiovisuais, informática, laboratorio, orientación, ximnasio, aula de reunións, salón de actos, espazo mariño, espazo lector, ludoteca e capela. Nel impártense os ciclos de infantil, primaria e ESO. Conta con tres profesores de infantil, dez de primaria e oito de ESO. A este persoal hai que engadirlle unha orientadora, unha especialista en audición e linguaxe e unha substituta da mesma. O colexio realiza un forte esforzo por achegar aos alumnos á tecnoloxía actual. E acompaña ao alumnado no seu esforzo de busca da súa orientación realización vocacional na vida.


Colexio Plurilingüe Nosa Señora do Pilar

O Pilar, 27, 27780, Foz (Lugo)
982 140 196
administracion@colexiodopilarfoz.es
www.colexiodopilarfoz.es

O Colexio Plurilingüe Nosa Señora do Pilar é un centro evanxelizador, no que se vive en, desde e para o evanxeo. A súa acción educativa é animada polo espírito de Xesús que nos impele, do mesmo xeito que o fixo con Francisco e a madre Paula a “ver e escoitar a Xesús” entre os libros, as familias,… a comunidade educativa. A tarefa de transmitir a mensaxe de Cristo é prioritaria.


Colegio La Salle

Pardo Bazán, s/n, 15406, Ferrol (A Coruña)
981 318 111
info@lasalleferrol.es
www.lasalleferrol.es

O Colexio La Salle de Ferrol comeza a súa singradura co nome de “Escuela de San José Obrero” con rumbo fixo e definido a formación integral dos fillos dos produtores dos estaleiros da Bazán. Falamos de singradura porque o primeiro centro, “Escuela obrera” (nome que lle dá o pobo), estaba situada nos estaleiros da Empresa Bazán, dentro da muralla dos mesmos. O carácter propio das Obras Educativas La Salle expresa os seus desexos de transformar a sociedade por medio da educación. Propón unha formación baseada en valores humanos e cristiáns; potencia o desenvolvemento de capacidades persoais, con especial atención ao alumnado máis necesitado e desfavorecido, para que cheguen a ser persoas autónomas, competentes, creativas e implicadas coa súa cultura próxima e na construción dunha sociedade máis xusta e solidaria.


Colegio Cristo Rey

Coruña, 37, 15401 Ferrol (A Coruña)
981 351 384
info@cristoreyferrol.com
www.cristoreyferrol.com

O Instituto Hijas de Cristo Rey naceu para facer reinar a Cristo por medio da educación nos nenos, familias e sociedade. Esta foi a intuición carismática que recibiu do Espírito de Deus o venerable José Gras e Granollers e que lle levou a fundar este Instituto relixioso o 26 de maio de 1876. A acción educativa ten no pensamento de José Gras unha dimensión integradora. Abarca todos os compartimentos da persoa: entendemento, vontade, corpo, corazón. Os centros educativos das Hijas de Cristo Rey, ofrecen unha educación integral baseada nos valores evanxélicos e, en especial, de acordo ao seu carisma e espiritualidade na verdade, o ben e o amor. Hoxe, en resposta á chamada da Igrexa e a riqueza que isto ofrece aos seus centros educativos, educan en misión compartida con laicos que, querendo realizar o seu servizo de educar desde uns principios cristiáns, desexan compartir connosco o carisma e espiritualidade herdados do venerable José Gras.


Colegio Martínez Otero

Carlos III, s/n, 27700, Foz (Lugo)
982 131 587
administracion@martinezotero.es
www.martinezotero.es

A creación deste centro responde á vontade de Eliseo Martínez Pillado e Pilar Otero Pillado, os cales, no seu testamento, legaron unha importante suma de bens para a súa fundación. Así, en 1936, os encargados de aplicar as disposicións do testamento adoptaron a clasificación de fundación benéfico-docente. No curso 2012/2013, a congregación salesiana deixou a dirección, a cal foi asumida polo profesorado seglar do centro, actuando o párroco de Foz como profesor de Relixión e consiliario do centro. O centro pretende dar unha formación actualizada, rigorosa e esixente e, ao mesmo tempo, cunha metodoloxía avanzada, axudar ao crecemento e desenvolvemento persoal do alumnado para que adquira e practique tanto as virtudes humanas, como os valores individuais e sociais que esixen os retos da sociedade actual.


Coleg
io Sagrado Corazón de Jesús

Carlos III, s/n, 27700, Ribadeo (Lugo)
982 131 587
secretaria@csagradocorazon.com
www.csagradocorazon.es

As Hijas de la Caridad establecéronse na vila de Ribadeo o 2 de febreiro de 1898, onde se fixeron cargo dun modesto hospital. Carentes de recursos económicos polos escasos medios da nacente fundación, decidiron abrir unha escola no mesmo edificio. Na actualidade o centro consta de seis unidades de Educación Infantil, doce unidades de Educación Primaria e oito de Educación Secundaria. Conta con grupos de Juventudes Marianas Vicencianas e a Asociación da Medalla Milagrosa, e a axuda aos máis necesitados é constante. Continúa aquela traxectoria que empezou nun 1918 de educar na fe e para a vida, de transmitir unha vivencia cristiá, de traballar por transmitir unha cultura impregnada de humanismo, e todo iso ao estilo de Vicente de Paúl e Luisa de Marillac, que impulsan a crear un ambiente educativo de sinxeleza, recollemento, respecto, confianza, alegría, lealdade e xenerosidade.


CPR Plurilingüe Sagrado Corazón – Mercedarias

Estrada de Castela, 160, 15404, Ferrol (A Coruña)
981 371 691
correo@mercedariasferrol.es
www.mercedariasferrol.es

O colexio Sacro Corazón – MM. Mercedarias inicia a súa andaina no ano 1941. As RR. da Orde da nosa Señora da Mercé ostenta a titularidade deste centro, ademais doutros seis colexios en España. É unha institución relixiosa que desexa anunciar e testemuñar a boa noticia de amor e liberdade a todos os que senten oprimidos e ven truncada a súa realización humana e o desenvolvemento da súa fe cristiá. Busca así dar unha resposta actual a un carisma que xurdiu na Igrexa no século XIII. A finalidade da Orde é seguir e imitar a Cristo, facéndoo presente como amigo, redentor e liberador entre os cristiáns cautivos, oprimidos ou perseguidos e ofrecerlles a esperanza que anuncia o evanxeo.


Colegio Tirso de Molina – Mercedarios

Calle Arce, s/n, 15401, Ferrol (A Coruña)
981 352 302
secretaria@tirsoferrol.com
www.tirsoferrol.org

A finalidade da misión educativa mercedaria é ofrecer formación integral e liberadora, de tal maneira que a acción educativa e o testemuño dos/as educadores/as sexan unha invitación constante a crecer en liberdade segundo o evanxeo. Aposta por unha educación liberadora que abre ás persoas ao uso responsable da súa liberdade e ao respecto á liberdade dos demais.