Unidades pastorais (UPA)Unidades pastorales (UPA)
Unha unidade pastoral (UPA) é unha comunidade de fieis configurada como agrupación de parroquias limítrofes que, conservando a identidade, dereitos e deberes, están chamadas a formar unha comunidade cristiá viva e orgánica, con criterios pastorais comúns en clave misioneira e sinodal, confiada a un ou varios sacerdotes coa participación activa dos laicos e consagrados.
As unidades pastorais, por tanto, pretenden ser un instrumento que se adecúe á realidade social e relixiosa da nosa terra e, desta maneira, traballar pola evangelización. Iso implica crear comunidades fortes, significativas, de talla humana evanxelizadora, capaz de axudar a procrear e acompañar aos cristiáns da nosa terra.
DOCUMENTO: Unidades pastorais – Diocese de Mondoñedo-Ferrol (2023)
Na diocese de Mondoñedo-Ferrol establecéronse 24 UPA, divididas do seguinte modo:
· Arciprestado de Mondoñedo: 8 UPA (A Pontenova, Abadín, Burela-Cervo, Foz, Mondoñedo, Ribadeo, O Valadouro e Viveiro). Circuncríbese aos concellos de A Pontenova, Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mañón, Mondoñedo, O Vicedo, Ourol, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, Viveiro e Xove, con 157 parroquias e 75.769 habitantes.
· Arciprestado de Ferrol: 7 UPA (Caranza-O Pilar, Claret, Ferrol-Centro, Ferrol-Ensanche, Neda, San Martiño y Santa Mariña-Rural). Circunscríbese aos concellos de Ferrol, Narón, Neda y Valdoviño, con 44 parroquias e 112.587 habitantes.
· Arciprestado de Terra Chá: 4 UPA (Castro Ribeiras de Lea, Cospeito, Guitiriz e Vilalba). Circunscríbese aos concellos des A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Vilalba, Castroverde, Pol, Outeiro de Rei, Riotorto e Xermade, con 139 parroquias e 36.234 habitantes.
· Arciprestado de Ortegal: 5 UPA (As Pontes, Cariño, Cedeira, Ortigueira e Valdoviño). Circunscríbese aos concellos de As Pontes, As Somozas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Muras, Narón, Ortigueira, San Sadurniño, Valdoviño, Xermade e Monfero), con 82 parroquias e 265.000 habitantes.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















