- Mons. Fernando García Cadiñanos intervirá no IV Simposio Internacional inspirado na encíclica Magnifica Humanitas
O bispo de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos, desprazarase proximamente a Cabo Verde para tomar parte no IV Simposio Internacional organizado pola Escola Universitaria Católica de Cabo Verde (EU Católica). O foro, que se celebrará os días 23 e 24 de outubro de 2026, está inspirado na encíclica Magnifica Humanitas do papa León XIV e leva por lema “Dereito, Economía e Reconstrución do Humano na Era Dixital”.
Dentro do programa oficial, o prelado mindoniense intervirá no Centro Cultural de Mindelo, na illa de São Vicente. En concreto, pronunciará a Conferencia 4, titulada “Migracións, economía e desenvolvemento: desafíos da gobernanza global e da inclusión”. Na súa exposición, o bispo achegará a súa visión como responsable dunha diócese con forte arraigo migratorio e como presidente da Subcomisión Episcopal Española para a Migración e a Mobilidade Humana.
Viaxe con marcado carácter pastoral e eclesial
Máis alá da súa participación académica no simposio, a desprazamento do bispo diocesano terá un marcado carácter de fraternidade e intercambio eclesial. Monseñor García Cadiñanos aproveitará a súa estancia no arquipélago atlántico para manter diversos encontros institucionais cos bispos locais.
A Diocese de Mondoñedo-Ferrol mantén, de feito, unha relación estable coa Igrexa en Cabo Verde. Coa diocese de Santiago existe un convenio de colaboración polo que o sacerdote P. Paulino Gómez desenvolve a súa actividade pastoral en Foz.
Reforzo dos lazos coas comunidades caboverdianas en Galicia
Esta visita permitirá, así mesmo, estreitar lazos de maneira moi directa coas dúas dióceses caboverdianas de orixe das que procede a gran comunidade de caboverdianos instalada en Burela. Deste xeito, consolídanse as pontes de proximidade, afecto e colaboración pastoral que unen a Diocese de Mondoñedo-Ferrol con este querido pobo irmán.










Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















