Mons. Fernando García Cadiñanos, visita pastoral ao arciprestado de Ferrol
A visita pastoral ao arciprestado de Ferrol deu comezo o venres 12 de xaneiro de 2024 coa celebración dunha oración comunitaria na concatedral de San Xiao, para finalizar o martes 18 de xuño cunha visita á sede de Xunta Xeral das Confrarías da Semana Santa Ferrolá.
Ademais das comunidades parroquiais, Cáritas, Manos Unidas, asociacións de fieis, movementos apostólicos, centros educativos relixiosos e confrarías, o bispo diocesano tivo a oportunidade de visitar oficialmente as seguintes institucións, asociacións e empresas: Concello de Neda, Policía Local de Ferrol-Narón, Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, Cocina Económica, AFAL Ferrolterra (Asociación de familias de enfermos de Alzheimer e outras demencias), Centro Social de Maiores do Concello de Ferrol, Asociación Española contra o Cancro (AACC), Patronato Concepción Arenal, Residencia Mi Casa-Mensajeros de la Paz, Hogar San José de Piñeiros-Narón, Residencia Domus VI-Narón, Asociación Virgen del Carmen, Asociación Cultural Columba, ASFEDRO (Asociación Ferrolana de Drogodependencias), Galicia Téxtil, Grupo INTAF, factoría MEGASA, Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, CAD Souto de Leixa, CPR Jorge Juan de Xuvia, Sociedade Cultural e Recreativa Narón O Freixo, Asociación Cultural Areosa e varias asociacións veciñais (Esmelle, Serantes, San Juan-Ultramar-Alargue de Ferrol, A Cabana, Santa Comba e San Paulo de Catabois).
O arciprestado de Ferrol componse de 44 parroquias, agrupadas en 7 UPA (Caranza-Pilar, Ferrol Centro, Ferrol-Ensanche, Ferrol-Rural, San Martiño, Claret e Neda). Os concellos nos que se asentan as UPA deste arciprestado son os de Ferrol, Narón, Neda e Valdoviño, cunha poboación aproximada de 108.068 habitantes.
A visita pastoral é unha norma canónica segundo a cal “o bispo ten a obrigación de visitar a diocese cada ano total ou parcialmente, de modo que polo menos cada cinco anos visite a diocese enteira, persoalmente ou, se se atopa lexitimamente impedido, por medio do bispo coadxutor, ou do auxiliar, ou do vigairo xeral ou episcopal ou doutro presbítero” (Apostolorum Successores 678).
Materiais para descargar
Recursos para a catequese 1: Nosa Igrexa diocesana
Recursos para a catequese 2: O bispo e a visita pastoral
Recursos para a catequese 3: Da comunidade parroquial ás UPA
Celebración da eucaristía (modelo)
Tríptico visita pastoral (modelo)
Cartel visita pastoral (modelo)
Oración ante a visita pastoral
Crónicas
Crónicas dos encontros a nivel arciprestal
Visita pastoral á parroquia de Sta. Uxía de Mandiá (27 de outubro)
Visita ás parroquias de Santa Mariña e San Paulo de Ferrol (6 de outubro)
Visita á UPA Caranza-O Pilar de Ferrol (abril-xuño)
Visita á UPA S. Xiao, Sta. Rita, Nsa. Sra. dos Desamparados (abril-maio)
Visita á parroquia das Angustias de Ferrol (do 3 ao 5 de maio)
Visita á UPA Claret (do 8 ao 12 de maio)
Visita á parroquia de Sto. Estevo de Sedes (15 de marzo)
Visita á UPA Neda (10, 11 e 14 de marzo)
Visita á UPA Ferrol-Rural (do 3 ao 10 de febreiro)
Visita á UPA Ferrol-Centro (do 28 de xaneiro ao 25 de febreiro)
Documentos
Algunhas notas ao rematar a visita pastoral ao arciprestado de Ferrol
Carta do bispo a todas as comunidades do arciprestado de Ferrol
Noticia: Inicio de la visita pastoral al arciprestazgo de Ferrol