BIC

Bens de Interese Cultural (BIC) na diocese

Desde o punto de vista conceptual, por bens de interese cultural (BIC) enténdense aqueles integrantes do Patrimonio Histórico Español na lexislación estatal, aos cales se lles outorga un especial nivel de protección. En concreto, a Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español, dentro dos tres niveles definidos, outorga a estes BIC o nivel máximo de protección. Ademais, tamén se asigna o código BIC a aqueles bens inmobles de todo o territorio español, de calquera outra titularidade que non sexa estatal, e que estean incluídos nas categorías establecidas pola lexislación autonómica.

Na nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol, esta é a relación dos BIC:

· Catedral de Nosa Señora de la Asunción de Mondoñedo (1902)
· Basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz) (1931)
· Mosteiro de San Martiño de Xuvia (Narón) (1972)
· Mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá (1974)
· Igrexa de San Pedro de Viveiro (1974)
· Convento de San Francisco de Viveiro (1975)
· Conxunto monumental-plaza e igrexa de Santa María do Campo de Viveiro (1982)
· Conxunto histórico de Mondoñedo (1985)
· Conxunto histórico de Castro de Rei (1971)
· Conxunto histórico de Ribadeo (2004)
· Barrio de A Madalena de Ferrol (1984) [Inclúese a concatedral de San Xiao e as igrexas de Nsa. Sra. das Dores e Nsa. Sra. do Carme]
· Barrio de Ferrol Vello (2011) [Inclúese a igrexa de Nsa. Sra. do Socorro]