ContabilidadeContabilidad

De onde proceden os recursos da diocese?

A repartición do diñeiro recibido pola Conferencia Episcopal Española da asignación tributaria realízase mediante unha avaliación das necesidades das dioceses para a realización das súas actividades pastorais e asistenciais. Todas elas reciben unha cantidade fixa que corresponde aos seus gastos xerais básicos. O resto da cantidade recibida variará en función das necesidades máis particulares de cada diocese, no ámbito das súas actividades litúrxicas, pastorais e asistenciais.

Así, avalíanse as necesidades pastorais específicas de cada diocese, tendo en conta as características propias de cada unha, como a extensión, o número de habitantes, o número de parroquias, o número de sacerdotes, seminarios e pastoral vocacional; criterios que son aprobados anualmente en asemblea plenaria. Unha vez recibida a cantidade global polos distintos conceptos, cada diocese intégraa dentro do seu orzamento para a súa repartición, atendendo ás normas propias de organización económica diocesana e a adecuada cobertura das súas actividades pastorais e asistenciais.

Por outra banda, as achegas directas e voluntarias dos fieis son unha das principais fontes de financiamento, chegando a supoñer máis dun terzo dos recursos dispoñibles.


A que destina os seus recursos a diocese?

No período 2016-2023 máis da metade dos gastos do conxunto da diocese foron gastos pastorais e asistenciais, xunto con gastos de conservación de edificios e funcionamento. En 2024, a diocese de Mondoñedo-Ferrol recibiu a cantidade de 2.609.967 euros, o que representa o 65 % do orzamento diocesano (sen incluír ás parroquias). Sen esa achega sería imposible levar a cabo boa parte da acción que leva a cabo a diocese, especialmente en ámbitos como a conservación do patrimonio e a acción social.


Conta de perdas e ganancias

Ano 2024
Ano 2023
Ano 2022
Ano 2021
Ano 2020
Ano 2019
Ano 2018


Balance de situación

Ano 2024
Ano 2023
Ano 2022
Ano 2021
Ano 2020
Ano 2019
Ano 2018


Presuposto

Ano 2025
Ano 2024
Ano 2023
Ano 2022
Ano 2021
Ano 2020
Ano 2019
Ano 2018


Período de pago a provedores

O período medio de pago a provedores é de, aproximadamente, un mes.