Escola Diocesana de EvanxelizaciónEscuela Diocesana de Evangelización
Que é a Escola Diocesana de Evanxelización?
Trátase de crear en todas as parroquias/UPA da nosa diocese espazos/comunidades de cristiáns que, xuntos:
· Dialoguen sobre a súa fe e dean razón da súa esperanza.
· Recen e lean o Evanxeo xuntos.
· Compartan experiencias e anhelos no noso mundo.
· Comprométanse na transformación do Reino.
· Cren espazos de encontro e diálogo.
Búscase crear grupos de crentes adultos que, desde un Plan de Formación para a Misión, fortalezan a identidade cristiá e eclesial e saiban anunciar a alegría do Evanxeo.
Por que?
Porque a sinodalidade presente na nosa Igrexa dános un novo dinamismo que temos que aprender. Habemos de aprender a camiñar xuntos, a atoparnos xuntos e proxectarnos xuntos. Esta Escola quere axudarnos a xerar este dinamismo novo que o Espírito ofrece á nosa Igrexa.
Porque nos tempos que vivimos é importante formarse para profundar na nosa identidade e responsabilidade dentro da nosa Igrexa e como cristiáns no mundo.
Porque nos faltan espazos e comunidades que saiban acoller e acollerse, ofrecendo coñecementos, habilidades e instrumentos axustados ao mundo de hoxe.
A quen vai dirixido?
Todas e todos estamos convidados a esta experiencia de crecemento xuntos: sacerdotes, relixiosos e laicos.
Como o faremos?
Cada parroquia/UPA establecerá a súa propia dinámica en función da súa realidade. Trátase de crear comunidades de cristiáns que se atopen periodicamente: todas as semanas ou cada quince días, unha vez ao mes ou unha tarde de domingo…
Cada ano trataranse dous temas a nivel diocesano que se presentarán de maneira que todos camiñemos na mesma dirección. Cada tema estruturarase en tres momentos, que poden corresponder a tres sesións:
· Presentación do tema e diálogo (1ª sesión, a mesma para toda a diocese).
· Estudo e oración desde o Evanxeo (2ª sesión).
· Diálogo e conclusións (3ª sesión).
Cunha filosofía de fondo…
A formación debe de ser integral. Ten que coidar as diferentes dimensións:
· Perspectiva intelectual: Un camiño sistemático e organizado que nos axude a coñecer mellor nosa fe.
· Perspectiva espiritual: Trátase de acoller a voz do Espírito e deixarnos guiar polos seus camiños, como Xesús.
· Perspectiva sinodal: Queremos crecer como Iglesia, facelo xuntos uns con outros, axudándonos a ser cristiáns e a seguir a Xesús.
· Perspectiva apostólica: Todo debe de estar en función da misión, acollendo así as experiencias apostólicas significativas.
Ademais, trátase de xerar evanxelizadores que descubran que se evanxeliza evanxelizando o noso mundo de hoxe, compartindo as experiencias que vimos realizando e desde a proximidade e pequenez do que somos: todos imos aprendendo uns doutros e de Xesús, o noso Mestre.
Organización
A vigairía para a Evanxelización encargarase de coordinar este novo espazo formativo da diocese. Para iso, anualmente elixirá as dúas temáticas que se abordarán, estreitamente vinculadas ao Plan Diocesano de Pastoral. Ademais, en unión coas distintas delegacións de pastoral, publicará os materiais adecuados para que se poidan completar as sesións con facilidade.
Máis información
Podes anotarte na túa parroquia ou contactar a través do email vic.evanxelizacion@mondonedoferrol.org
Documentación
Xeneral
EDE – Tríptico informativo (PDF)
AUDIO: Escola Diocesana de Evanxelización: presentación oficial e programación
AUDIO: Gonzalo Varela: “O anuncio do Evanxeo é a misión de cada cristián e da Igrexa enteira”
Sesión 1: Para quen son? Cultura vocacional
Tríptico informativo
Cartel convocatoria
VÍDEO: Conferencia de Ángel Carnicero
AUDIO: Conferencia de Ángel Carnicero
Ficha 1: Dialogamos
Ficha 2: Oramos desde a Palabra
Ficha 3: Discernimos e comprometémonos
Sesión 2: O Primeiro Anuncio
Cartel convocatoria
VÍDEO: Conferencia de Javier García
AUDIO: Conferencia de Javier García + Coloquio final
Ficha 1: O Primeiro Anuncio, proposta para o traballo en grupo
Ficha 2: Oramos coa Palabra
Ficha 2: Oramos coa Palabra (material complementario)
Ficha 3: Discernimos e comprometémonos
Sesión 3: A iniciación cristiá
Cartel convocatoria
VÍDEO: Conferencia de Miguel López
AUDIO: Conferencia de Miguel López
Ficha 1: Dialogamos
Ficha 2: Oramos desde a Palabra
Ficha 3: Discernimos e comprometémonos
Multimedia
Programa “Polo camiño da fe” (Televisión de Galicia), dedicado a la eDe







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















