Que éQué es
No ano 2014 a Conferencia Episcopal Española puxo en marcha o seu Plan de Transparencia. Unha ocasión excepcional para render contas, seguir avanzando na mellora e atender novas demandas. A adhesión aos estándares nacionais e internacionais de transparencia converteuse, sobre todo para a Igrexa católica no noso país, nunha oportunidade de apertura, de Igrexa en saída e de portas abertas.
A creación da Oficina de Transparencia da CEE e os compromisos recollidos no Convenio con Transparencia Internacional marcaron o verdadeiro impulso para que cada vez máis entidades da Igrexa, entre elas nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol, avancen no camiño da transparencia.
A Oficina de Transparencia de Mondoñedo-Ferrol ten como misión achegar a Igrexa diocesana á sociedade mediante o impulso de medidas de trasparencia e bo goberno económico na diocese e as súas obras, así como no resto de entidades que dela dependan.
As súas principais liñas de actuación son: velar por fomentar prácticas de transparencia e bo goberno na diocese; asesorar ás parroquias/UPA e entidades dependentes; revisar os sistemas contables e de información, en liña co disposto na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
Director
D. Carlos M. Alonso Charlón
Domus Ecclesiae, Miramar, s/n, 15401, Ferrol (A Coruña)
981 353 295
transparencia@mondonedoferrol.org
Horario de atención ao público: de luns a venres, excepto os martes, de 08:00 a 15:00 h.
Ligazóns de interese
Portal de Transparencia da Conferencia Episcopal Española
Referencias en medios de comunicación
A diocese de Mondoñedo-Ferrol, entre as máis transparentes de España segundo o informe da UAB
A Igrexa avanza en transparencia: «Es informar a las personas de lo que hacemos con su dinero»
As dioceses melloran globalmente a súa transparencia: Mondoñedo-Ferrol alcanza o posto 16º de 69







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















