Pastoral
A través da tarefa pastoral, a Igrexa de Mondoñedo-Ferrol busca “o crecemento dos crentes, de maneira que respondan cada vez mellor e con toda a súa vida ao amor de Deus” (Evangelii Gaudium 14).
A actividade pastoral realízase a través de persoas e de estruturas ou institucións que se poñen ao dispor de nenos, mozos e adultos para acompañarlles nos seus procesos vitais e de acompañamento. A Igrexa está moi presente na vida persoal e social, nos momentos de duelo e de festa, nas dificultades e miserias do noso mundo, na vida familiar e nos ámbitos de exclusión… Estando ao servizo das persoas, contempladas dunha maneira integral, desde a profundización na dimensión transcendente fórmanse persoas que contribúen ao ben común da sociedade desde os valores e ideais do evanxeo. E xérase moita esperanza e consolo.
Nunha sociedade cada vez máis secularizada, o primeiro anuncio aos que non coñecen a Xesús ou se mostran indiferentes ante a súa Boa Noticia é cada vez máis necesario.
· Sacerdotes diocesanos: 96
· Relixiosas e relixiosos: 119
· Monxas e monxes de clausura: 30
· Catequistas: 276
· Seminaristas: 6
· Parroquias: 423
· Mosteiros: 4
· Misioneiros e misioneiras: 28
[Datos extraídos da revista Nosa Igrexa de Mondoñedo-Ferrol, novembro de 2025]







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















