- A proposta, baseada na metodoloxía KTNovios, estará guiada por matrimonios que compartirán a súa experiencia e o seu testemuño de fe
A Delegación de Laicos, Familia e Vida deu a coñecer a programación 2026/2027 dos encontros de preparación para as parellas que desexen recibir o sacramento do matrimonio. A iniciativa ofrece un espazo de reflexión, diálogo e acollida no que os noivos poidan abordar, desde a fe, o comezo da súa vida en común e a formación dunha familia.
Baixo o lema «Un “si” para toda a vida», os encontros propoñen unha formación próxima, práctica e actual. As sesións están dirixidas a parellas de toda a diocese e desenvolveranse durante os meses de marzo e abril en Ferrol e Mondoñedo.
Datas, horarios e lugares
En Ferrol ofrécense dúas convocatorias:
· Domus Ecclesiae (Rúa Miramar, s/n), os sábados 6 e 13 de marzo, de 11:00 a 17:00 horas, con comida incluída.
· Parroquia de Santa María de Caranza (Avenida de Castelao, 36), os días 8, 9, 15 e 16 de abril, de 20:00 a 22:00 horas.
En Mondoñedo, os encontros celebraranse no Seminario Santa Catalina os sábados 17 e 24 de abril, de 11:00 a 17:00 horas, con comida incluída.
KTNovios: unha preparación participativa e próxima
A diocese leva dous anos desenvolvendo KTNovios, unha metodoloxía impulsada pola Conferencia Episcopal Española desde 2024. Trátase dunha proposta activa e participativa, con dinámicas vivenciais e en clave de primeiro anuncio, que invita as parellas a tratar os temas esenciais da vida conxugal e familiar á luz da fe.
Os encontros están guiados por matrimonios con experiencia e formación, que acompañan aos noivos desde a súa propia vida e testemuño. A Delegación de Familia valora de forma moi positiva estes dous anos de percorrido, durante os cales a iniciativa axudou ás parellas para atoparse co Evanxeo e cunha Igrexa que las acolle e ponse ao seu servizo.
Inscricións e información
As parellas interesadas poden inscribirse na súa parroquia ou contactar a través do número de WhatsApp 699 417 676, dispoñible tamén para resolver dúbidas. A información sobre os encontros pode consultarse na sección «Noivos» da web diocesana.










Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















