- O Seminario de Santa Catalina acolleu esta semana os exercicios espirituais anuais para os sacerdotes da nosa diocese
- O bispo de Zamora dirixiu esta quenda, na que participaron un grupo de vintecinco sacerdotes
Un grupo de 25 sacerdotes da nosa diocese, acompañados polo bispo diocesano, realizaron durante esta semana exercicios espirituais no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo. Esta quenda, que é a única que se organiza desde a Delegación do Clero da nosa diocese, foi predicada por monseñor Fernando Valera, bispo de Zamora.
Os exercicios son un tempo prolongado de oración, silencio e retiro. Cada xornada tivo como centro a celebración eucarística e a oración da Liturxia das horas. Ademais, tres charlas diarias a cargo do bispo zamorano axudaron a contemplar o misterio de Cristo na súa encarnación, no seu ministerio e na súa paixón e resurrección.
Os exercicios son unha práctica inspirada tradicionalmente na espiritualidade de santo Ignacio de Loyola e aconsellada pola Igrexa. Axudan a soster a vocación e o ministerio sacerdotal, pois contribúen a renovar o encontro privado con Deus, o discernimento e a purificación de intencións. Ademais axudan a coidar a propia espiritualidade sacerdotal e o descanso que fortaleza a identidade sacerdotal.











Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















