Asociaciones de fieles

Colectivo “Campamento Diocesano” (CCD)

Coordinador
D. Álvaro Lamas Pérez
Apdo. 34, 27780, Foz (Lugo)
622 682 709
www.campadiocesano.wix.com

Consiliario
Rvdo. D. Antonio Valín Valdés

O “Colectivo Campamento Diocesano” é un grupo de cristiáns que, movidos pola súa fe no proxecto de Xesús, unimos as nosas forzas para promover actividades de tempo libre, convencidos de: a crecente importancia do tempo libre na educación de nenos e adolescentes; o seu valor para formar e enriquecer a personalidade dunha maneira máis auténtica; e a oportunidade que supón para a evanxelización e a educación na fe. Os seus membros séntense comprometidos con esta tarefa educativa e evanxelizadora desde a fe que dá sentido e forma a toda a nosa vida. Teñen como prioridade esta experiencia de fe, polo que fan un compromiso específico na nosa vida diaria, xa sexa na parroquia ou no nivel diocesano. Optan por un tempo libre que promove valores verdadeiros para mellorar a nosa sociedade.