Ecumenismo
Delegado
Rvdo. P. Dieudonné Abayizera, OMD ![]()
ecumenismo@mondonedoferrol.org
Miramar, s/n, 15401, Ferrol (A Coruña)
981 353 295
Misión
A delegación de Ecumenismo ten a misión de fomentar na nosa Igrexa diocesana o coñecemento da realidade multiconfesional existente no noso territorio, así como animar a unha sensibilidade cara ao diálogo e o encontro con outros credos e confesións cristiás nos membros da nosa Igrexa católica. Para iso, cóidase especialmente a Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns, que ten lugar no mes de xaneiro. E trabállanse as diferentes dimensións do ecumenismo: un ecumenismo espiritual, fomentando a oración ecuménica a nivel persoal e comunitario; un ecumenismo teolóxico, organizando charlas e formación específica sobre estes temas, un ecumenismo de caridade, coidando as relacións e encontros persoais e institucionais con fieis doutras confesións e os seus representantes relixiosos.
Obxectivos
· Iniciación ao coñecemento dos principios católicos do Ecumenismo: Unitatis Redintegratio: 2, 4, 5; Directorio Ecuménico (1993), 55-93; Vademecum (2020).
· Iniciación ao coñecemento das principais confesións cristiás.
· Iniciación ao coñecemento e promoción do contacto cos principais grupos cristiáns da diocese.
· Iniciación ao coñecemento dos principais acordos ecuménicos das últimas décadas
Calendario
18-25.01.2025. Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns 2025.
Materiais
VÍDEO: Conferencia: “Ecumenismo y sinodalidad” (por Benito Méndez)
Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns 2023: Carta do delegado diocesano
O bispo e a unidade dos cristiáns: Vademécum ecuménico
Carta do Papa no 25º aniversario da encíclica «Ut unum sint»
Artigo: «Unha experiencia relixiosa ao alcance de todos: a proposta de Martiño Lutero»
Ligazóns de interese
Subcomisión episcopal para as relacións interconfesionales e o diálogo interreligioso (CEE)
Relixións presentes en España







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















