Leigos, Familia e Vida


Delegada

Dña. María del Mar Sarmentero Perote
laicos@mondonedoferrol.org
Miramar, s/n, 15401, Ferrol (A Coruña)
981 353 295


Equipo

D. Juan Antonio Martínez García
Dña. Fuensanta Cañizal Cuadrado
D. Lorenzo Santiago Sánchez
Dña. Marian Pazos López
D. Miguel Rodríguez López
Dña. María José Burón Méndez
D. Jesús Jacobo de Lamas Pedreira


Misión

A delegación de Leigos, Familia e Vida trata de acompañar ás familias nas diferentes situacións e etapas que viven; difundir o evanxeo da familia no medio da nosa sociedade e na nosa Igrexa; e promover unha pastoral familiar que axude a descubrir a beleza do matrimonio e a responsabilidade da vivencia e transmisión da fe no seo da Igrexa doméstica que é a familia.

Igualmente busca promover unha pastoral que axude ao laicado a descubrir o seu protagonismo na Igrexa, desde a corresponsabilidade nas diferentes UPA/parroquias.

É tamén misión da delegación coidar a adecuada formación de axentes de pastoral de leigos e de familia, a organización das xornadas e actos diocesanos dirixidos a leigos e familia e a promoción da cultura da vida. Neste marco sitúase tamén a preparación ao matrimonio. Ademais pretendemos promover o laicado organizado en diferentes movementos e asociacións. Para iso, é preciso a colaboración con outras delegacións diocesanas e institucións sociais relacionadas con estes ámbitos.


Obxectivos

· Acompañar a experiencia dos leigos e as familias no seguimento de Xesús no medio do mundo.

· Ser Igrexa en saída, tentando fomentar a sinodalidad e a corresponsabilidade.

· Ofrecer a formación adecuada ás necesidades presentes relacionadas cos leigos e a familia en todos os seus ámbitos.

· Deixar que o Espírito Santo vaia por diante de nós, estando moi atentos ao que vai inspirando.


Calendario

19-20.10.2024. 4º Encontro da Pastoral Familiar de Galicia (Poio, Pontevedra).
08.04.2024. Xornada pola Vida 2024 (CEE).

Accións especiais nos tempos de Advento-Nadal, Coresma e Pentecoste.

Oración Mother’s Prayer en Ferrol (todos os luns ás 10:00 h.).
Oración da Familia en Viveiro (todos os martes ás 20:00 h. na igrexa de Santa María).


Materiais

A arte de orar polos teus seres queridos


Multimedia

Vídeo: Guillermo Leira (HOAC): Que é o compromiso social?
Vídeo: Mar Martínez (UPA Viveiro): Por que participar na XMX?
Vídeo: Lola Rodríguez (Catequista): A importancia do Primeiro Anuncio
Vídeo: Concha Quintela (Catequista): Por que debemos dar testimonio da nosa fe?
Facebook: Álbum do Roteiro romántico para matrimonios en Mondoñedo (2023)


Ligazóns de interese

Comisión Episcopal para os Leigos, Familia e Vida (CEE)
Ano Familia Amoris Laetitia