Sospeitas e retos ante a realidade migratoria

  • Mensaxe do obispo de Mondoñedo-Ferrol co gallo da Xornada Mundial do Migrante e do Refuxiado 2026

A realidade dos migrantes converteuse hoxe nun dos fenómenos que provocan maior controversia ao noso ao redor. Sendo un feito que acompañou á humanidade ao longo de toda a súa historia (en Galicia ben o sabemos), nos últimos anos acentuouse debido á globalización e a crecente mobilidade humana. E, paradoxalmente, o discurso sobre a migración e a perspectiva desde a que se sente mutaron cara a crecentes e preocupantes cotas de rexeitamento, de sospeita e de medo.

Sería bo que nos preguntásemos polas causas desta nova actitude que, sen dúbida, marcará os nosos compromisos e perspectivas futuros como sociedade na procura da xustiza. As razóns son complexas, múltiples e diversas. Atrévome a explicitar algunhas.

Por unha banda, influíu o número crecente e as porcentaxes de poboación de orixe estranxeira que se dan nalgunhas rexións, cidades ou barrios de España, que en certos casos son moi altos. A maioría foxen dos seus países buscando as oportunidades que o sistema económico lles impide nos seus territorios e que a nós tocounos en sorte.

Ademais, nalgunhas persoas pesan comportamentos particulares: aínda que non sexa o habitual, que alguén dun colectivo incumpra os seus deberes cidadáns e non se esfuerce por participar activamente na sociedade xeneralízase con facilidade a todo o grupo.

Outro elemento determinante é a diferente interpretación do que significa o termo e o proceso da integración. Para moitos, integrarse equivale a asimilarse por completo á sociedade de acollida, sen recibir nin acoller a riqueza do diferente e sen percibir que a acollida supón tamén un cambio na sociedade maioritaria. Desde esta perspectiva, rexéitase a quen non actúa segundo esa asimilación idéntica.

Tampouco podemos ignorar os factores socioeconómicos. Ao inmigrante pódeselle ver como unha carga, como alguén que ameaza o noso benestar, ou como o que se aproveita sen colaborar. Aquí aflora o rexeitamento cara ao pobre, cara a quen ten menos oportunidades, ou atópase ao bordo da exclusión: a aporofobia, que tristemente se manifesta con enorme frecuencia.

Tamén inflúe o noso posicionamento previo: cando os vemos como un problema, carga, dificultade… non é difícil descubrirlles como competidores, estraños e ata inimigos. A iso contribúen tamén as fake news tan habituais nestas cuestións.

A todo iso súmanse as lecturas ideolóxicas sobre o que significa a identidade. Esta compréndese, cada vez máis, desde posturas excluíntes que perciben o diferente como unha ameaza, esquecendo que a nosa identidade sempre é plural, froito de moitas outras e nunca é unívoca.

Os medos, os sentimentos, o despropósito completan tamén este longo elenco de causas. Talvez non nos damos conta de que, ao actuar así, mostrámonos profundamente fráxiles e manipulables. É importante que a razón e, para os cristiáns, a fe, iluminen os nosos xuízos e comportamentos, impedindo que quedemos ao azar dos sentidos.

A Xornada Mundial do Migrante e do Refuxiado é unha oportunidade propicia para revisar a nosa actitude ante os migrantes, especialmente nesta hora que nos tocou vivir e coa dimensión política que conleva. No fondo, está en xogo que sociedade estamos a construír e queremos deixar. Convén mirar cara ao noso interior para vixiar que semente está a florecer e estar atentos á lerica que sempre axexa. Xesús invítanos a ver aos migrantes como persoas, é máis, como irmáns, como lugar sagrado de encontro con El, como posibilidade de crecemento, como riqueza humana, social e eclesial. A catolicidade que profesamos é camiño de universalidade.

O lema da xornada deste ano, “incluso un destes pequenos”, convócanos a valorar a cada persoa, especialmente aos menores, que son os máis vulnerables e fráxiles. Que a celebración deste día sexa unha oportunidade para xerar cultura de acollida e de apostar por un mundo máis fraterno, rexeitando posturas que nos deshumanizan.

O voso irmán e amigo,

+Fernando, bispo de Mondoñedo-Ferrol

[Portada: S. Darwish]

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas