O servizo de Comunicación da diocese mantén activo un servizo de información a través da plataforma Whatsapp:
Dunha parte, está dispoñible o número de teléfono 689 74 86 79, operativo de luns a venres, de 08:00 a 15:00 horas, para realizar consultas sobre trámites u outros aspectos de interese de carácter diocesano.
Doutra, a canle de WhatsApp +DiócesisINFORMA, a mellor forma de estar ao día de toda a actualidade diocesana: noticias, axenda, cultura, bispo, papa Francisco, celebracións, redes sociais… Explicámoste como podes formar parte desta canle. É moi sinxelo:
1º.- Accede co teu dispositivo móbil (teléfono, tablet) ou PC-Portátil a https://whatsapp.com/channel/0029VaE8pQPJUM2hpSqHz804
2º.- Preme en «SEGUIR» e, se o prefires, activa as notificacións.
Poderás cancelar a suscrición sempre que queiras.
Sobre o funcionamento do servizo e protección de datos
Se tes algunha dúbida sobre o funcionamento deste servizo, podes contactar coa secretaría de Comunicación chamando ao teléfono 981 353 295 (de luns a venres de 8 a 15 horas) ou escribir un email a mcs@mondonedoferrol.org
Dacordo co Decreto Xeral de Protección de Datos da Igrexa católica e a LOPD, os datos de carácter persoal proporcionados por esa vía serán incorporados a un ficheiro propiedade da diocese, coa única e exclusiva finalidade de xestionar o servizo descrito. Podes exercitar en calquera momento os teus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de conformidade co establecido no Decreto Xeral de Protección de Datos da Igrexa católica e a LOPD ante a diocese como responsable do ficheiro a través dos seguintes medios: mensaxe de Whatsapp ao 689 74 86 79 ou correo electrónico dirixido a mcs@mondonedoferrol.org, acompañado dunha copia do teu DNI, Pasaporte, NIE ou documento de identificación equivalente.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















