- As actividades desenvolveranse durante os días 8 e 9 de outubro, cunha conferencia e un roteiro a pé con visitas guiadas a tres templos de especial valor arquitectónico
Un ano máis, todos os arquitectos do mundo están chamados a celebrar o Día Mundial da Arquitectura e o Hábitat. Por mor desta celebración, a delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza a Semana da Arquitectura de Ferrol 2025 dedicada nesta edición á arquitectura relixiosa, en colaboración co Concello de Ferrol, a Diocese de Mondoñedo-Ferrol e a Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña.
As actividades organizadas levaranse a cabo en dúas xornadas, a celebrar os días 8 e 9 de outubro, co seguinte programa:
· Mércores, 8 de outubro: CONFERENCIA: “La arquitectura religiosa contemporánea en Europa: perspectivas críticas”, impartida polo doutor arquitecto Esteban Fernández-Cobián, 19:30 horas, Antigo Hospicio Municipal (Rúa Méndez Núñez, 11). Na súa intervención abordará tres temas: a decadencia das relixións na Europa Occidental, a eclosión da relixiosidade na Europa Oriental, tanto nos países católicos como nos ortodoxos; e a relación entre a arquitectura relixiosa e os movementos de poboación. O acceso á conferencia é libre e gratuíto e ao rematar compartiranse uns petiscos.
· Xoves, 9 de outubro: ROTEIRO A PÉ CON VISITAS GUIADAS, de 17.00 horas a 20.00 horas, que servirá para coñecer en detalle tres santuarios ferroláns da man de tres arquitectos. O itinerario da visita será o seguinte: igrexa de San Pedo Apóstolo (17:00 h.) , co arquitecto Felipe Picos Brage; igrexa de San Fernando e Nosa Señora do Pilar (18:00 h.), con Ramón Montero Cereijo; e a concatedral de San Xiao (19:00 horas), con José Antonio Alonso Rodríguez. O acceso á visita guiada é libre e gratuíto.





Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.























