A diocese estreitou lazos coa natureza a través dun roteiro pola conversión ecolóxica

O pasado 13 de setembro tivo lugar un roteiro para a conversión ecolóxica organizado pola vigairía para a Caridade da diocese, que serviu celebrar o Tempo da Creación.

O lugar elixido foi un tramo do Camiño de San Andrés ao seu paso pola parroquia de Vilarrube (Concello de Valdoviño), no que laicos, sacerdotes e o propio bispo Fernando García tiveron a oportunidade de reflexionar acerca da situación do planeta e do noso propio compromiso persoal e comunitario en relación co coidado da casa común. As cinco estacións dispostas ao longo do camiño permitiron abordar as cuestións básicas da ecoloxía integral sobre o coidado da nosa contorna e das persoas, e de como a crise ambiental que vivimos está vinculada coa desigualdade social, sendo os máis afectados polas súas consecuencias quen menos contribúe.

O encoro das Forcadas, a capela da Fame e a propia parroquia de Vilarrube foron lugares de paso, parada, reflexión e oración, pero tamén de procura de solucións desde o pequeno e o próximo.

En palabras de Guillermo Leira, un dos membros da organización e guía de excepción na andaina, a actividade supuxo “unha boa oportunidade para estreitar lazos entre a comunidade nunha contorna cuns valores naturais e patrimoniais únicos, onde a man de Deus déixase ver dunha forma extraordinariamente evidente“.


Recursos/materiais especiais para vivir o Tempo da Creación

 

También te puede interesar

Un tiempo de la creación
Roteiro e fotografías para a conversión ecolóxica: propostas diocesanas para o Tempo da Creación

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas