- O acto, con 60 participantes, marcou o inicio do Tempo da Creación na diocese, que se prolongará ata o vindeiro 4 de outubro
Unhas sesenta persoas, convocadas pola Vigairía para a Caridade, reuníronse onte no entorno da ermida de Caranza para celebrar a Xornada Mundial de Oración polo Coidado da Creación. O acto estivo presidido polo bispo diocesano, monseñor Fernando García.
A celebración desenvolveuse no marco da chamada Via Creatinis, un itinerario de oito estacións que convida a un percorrido de oración e contemplación á luz dos primeiros capítulos do Xénese. De xeito análogo ao viacrucis, que conmemora a Pasión de Cristo, este Camiño da Creación propón deterse e agradecer o misterio da creación do cosmos. En cada estación, a lectura do texto bíblico detívose sucesivamente nos días da creación: a luz, a terra e o mar, os corpos celestes, as criaturas das augas, os seres vivos da terra, o ser humano e o descanso.
No encontro participou tamén un grupo de persoas musulmás, especialmente invitado para a oración. Trátase dun colectivo de migrantes acompañados por Cáritas, que interviñeron coa lectura en árabe das distintas estacións. Deste xeito, a celebración converteuse nunha oración interrelixiosa en torno ao Deus Creador.
Ao finalizar o encontro, o bispo puxo en valor o paraxe natural de Caranza, a presenza dos irmáns musulmáns e o compromiso ético polo coidado do medio ambiente como responsabilidade propia de todo crente.
Desde a Vigairía para a Caridade invítase ás parroquias e UPA da diocese a organizar, ao longo deste Tempo da Creación —iniciado onte e que se prolongará ata o 4 de outubro, festa de san Francisco de Asís—, celebracións semellantes. A proposta consiste en acudir en peregrinación a algún lugar significativo do entorno parroquial, especialmente vinculado á natureza, e desenvolver alí unha pequena celebración que anime ao coidado da “casa común”.











Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















