A Igrexa española únese, o 31 de maio, á oración mariana polo Sínodo

A comisión episcopal para a Liturxia preparou unha oración mariana que unirá, o 31 de maio, á Igrexa en España en oración pola próxima Asemblea Xeral Ordinaria do Sínodo dos Bispos. Con esta iniciativa súmanse á invitación da secretaría xeral do Sínodo, que propuxo esta oración mariana no día no que se celebra a memoria litúrxica da Visitación da Virxe María.

Este día, ás 12:00 horas, coordinarase a oración na capela da Sucesión Apostólica da CEE por parte do secretario do equipo sinodal da Conferencia Episcopal Española, Luis Manuel Romero, e a irmá María José Tuñón, ACI, membro do equipo sinodal.

Na nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol o acto central desenvolverase na UPA Ferrol-Centro (igrexa parroquial da nosa Señora do Carmen), hoxe mércores 31 de maio a partir das 19:30 horas, baixo a presidencia do bispo Fernando García Cadiñanos.

Descarga: Oración mariana para o Sínodo
Descarga: Oración mariana fieis

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas