O pasado luns 16 de decembro, o arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, visitou o Centro Penitenciario de Teixeiro para celebrar o Nadal coa comunidade penitenciaria. Á súa chegada foi recibido polo voluntariado da Pastoral Penitenciaria e o director do centro.
Más de cen persoas, entre internos, funcionarios e voluntarios, participaron na eucaristía, que se celebrou nun ambiente de recollemento, alegría e esperanza. Durante a celebración, don Francisco destacou a importancia de recibir a Deus cunha mirada sinxela e un corazón aberto, tal como fixeron os pastores ao nacer Xesús. Tamén falou da esperanza que Deus ofrece, subliñando que nunca se avergoña de ninguén e mira a todos con amor paternal.
A xornada concluíu cun xantar en homenaxe a Xaquín Campo Freire, sacerdote da diocese de Mondoñedo-Ferrol, que dedicou máis de quince anos á Pastoral Penitenciaria e que agora se retira por motivos de saúde. Xaquín seguirá vinculado á delegación diocesana de Pastoral Penitenciaria nas súas actividades de sensibilización, acollida e acompañamento. Como diocese, unímonos ao agradecemento da Igrexa compostelá polo seu servizo e entrega.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















