A Pastoral Rural presenta a programación para o curso 25–26 nun video dirixido a toda a diocese

  • Tres propostas para que as parroquias rurais crezan en vida, participación e fe
  • O Día do Mundo Rural 2026 celebrarase na parroquia de San Simón de Costa (Vilalba)

A través dun video, que xa está dispoñible na canle diocesana de Youtube, o equipo da delegación da Pastoral Rural, co seu delegado á cabeza, Manuel Regal, xunto con Modesta Campo e Antonio Jesús Lorenzo, presenta a programación oficial para o curso pastoral 2025-2026. O traballo organizouse a través de tres liñas principais, todas elas orientadas a fortalecer a vida comunitaria e apoiar a quen sostén a actividade parroquial no ámbito rural.


Difusión dun documento sobre a realidade das parroquias rurais

A primeira iniciativa consistirá en compartir con sacerdotes, os equipos de pastoral e axentes parroquiais un documento elaborado o pasado ano por un grupo de dezasete persoas, que analiza a través de quince puntos a situación actual das parroquias rurais da nosa diocese. Ademais do diagnóstico, o texto inclúe propostas de acción concretas. Desde a delegación, ofrécese a posibilidade de visitar as parroquias ou unidades pastorais que o soliciten para explicar e comentar o contido do documento.


Celebración do Día do Mundo Rural

A segunda actividade conistirá, como cada ano, na organización do Día do Mundo Rural, que coincidindo coa festividade de San Cidre, o patrón do campo. A delegación adianta que a celebración terá lugar na parroquia de San Simón de Costa, en Vilalba. A data prevista é o sábado 16 de maio de 2026. Para facilitar a participación, anunciarase con antelación e tamén se enviará o material litúrxico e pastoral a cada parroquia ou unidade pastoral que desexe sumarse á xornada desde o seu propio territorio.


Envío de materiais para as celebracións máis importantes do ano

Como terceira liña de acción, a delegación enviará por correo electrónico a toda as parroquias materiais diversos para enriquecer as celebracións relixiosas que se viven con maior intensidade, como o Nadal, a Semana Santa, as festas patronais, a conmemoración de defuntos ou as primeiras comuñóns, entre outras. O delegado, Manolo Regal, destacada que cada comunidade poderá “escoller e aproveitar o que lle pareza” en función das súas necesidades e realidade local.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas