Ademais, a Consellería de Cultura e Educación licitou as obras de restauración da cuberta e claustro da basílica, co que o investimento no templo mindoniense se elevará por riba do millón de euros
O cabido catedralicio acordou ceder ao Concello de Mondoñedo o baixo do edificio para a creación do futuro ‘Museo da Imprenta’
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a formalización do contrato para a restauración da Casa dos Cóengos da Catedral de Nosa Señora da Asunción de Mondoñedo, unhas obras cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1, actuación 6.3.1.1. Segundo pode consultarse neste enlace o importe desta actuación, que conta cun prazo de execución de 6 meses, ascende a 279.854,23 euros.
Existe un acordo do cabildo catedralicio de Mondoñedo que determina ceder ao concello o baixo da Casa dos Cóengos, pertencente ás dependencias da catedral, para o futuro Museo da Imprenta.
Cómpre lembrar, ademais, que o departamento de Cultura da Xunta de Galicia vén de publicar a licitación do contrato de obras de restauración da cuberta da catedral e claustro da basílica de Nosa Señora da Asunción de Mondoñedo, en Mondoñedo, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 6; cuxo importe ascende a 809.581,44 euros. Deste xeito, o investimento da Consellería no templo mindoniense elevarase por riba do millón de euros.
Reparacións estruturais
Os traballos na Casa de Cóengos consistirán na consolidación e reforzo dos muros de carga, reposición de revocaduras exteriores e interiores nas zonas deterioradas e reforzo da estrutura horizontal e da estrutura de cuberta. Así mesmo, restaurarase o entaboado de madeira existente, a escaleira e as carpinterías exteriores. Ademais, dotarase o edificio de preinstalación eléctrica.
A Casa dos Cóengos é unha edificación do século XIX forma parte do conxunto catedralicio de Mondoñedo, xunto coa catedral, o pazo episcopal e a horta, configurando unha peza urbana de funcionamento independente dentro do conxunto que, aínda que no seu tempo albergou dependencias para uso dos cóengos, na actualidade está libre e sen uso que se edificou en dúas fases.
Na actualidade presenta problemas de estabilidade estrutural importantes que cómpre resolver para poder dotar ao edifico dun uso viable e sostible que garanta o seu mantemento e conservación futuras, evite a súa deterioración e resolva as patoloxías actuais derivadas da inestabilidade da estrutura.
Fonte: Xunta de Galicia e Diocese de Mondoñedo-Ferrol








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















