Abertos ás visitas os nacementos da catedral de Mondoñedo e do mosteiro de Lourenzá

O belén da catedral da Asunción loce xa en todo o seu esplendor. Aunque a inauguración oficial está prevista para o vindeiro 23 de decembro, coa lectura do pregón a cargo do compositor ferrolán José Manuel Couce, xa hai uns días que está aberto ás visitas.

O bispo da diocese, monseñor Fernando García Cadiñanos, estivo recentemente no templo, que se atopa inmerso en varias intervencións (renovación da cuberta, a actualización dos sistema lumínico e a restauración dun sector das pinturas murais do altar maior), onde puido visitar o nacemento da man dun dos seus impulsores, Valentín Ínsúa.

Na mesma catedral, pódense tamén contemplar catro alfombras elaboradas pola Coordinadora Internacional de Entidades de Alfombristas de Arte Efímero (CIDAE) con diversos motivos de Nadal. Tamén se expoñen varias maquetas a escala da concateral de San Xiao de Ferrol e da igrexa de Vilanova de Lourenzá, obras deseñadas polo coéngo Santos Sancristóbal.


O belén laurentino

A igrexa de Vilanova de Lourenzá volve lucir durante este Nadal un belén moi especial. Trátase dun nacemento que conta cunha tradición de case un século e está formado por unha trintena de pezas de entre 30 e 55 centímetros de tamaño.

O belén recuperouno un grupo de veciños, que lembran que se trata dun nacemento “con moita historia e antigüidade”. De feito, explican que algunhas das figuras proveñen do antigo convento benedictino de Lourenzá, mentres que outras foron adquiridas polo sacerdote César Chavarría a un artesán da parroquia ribadense da Devesa, chamado Lorenzo Molejón. Esta compra realizouse ao redor da década de 1940. O colectivo laurentino lembra que este artesán ribadense realizaba traballos e figuras excepcionais de barro, “algunhas das cales se expoñen neste marabilloso belén da igrexa laurentina”.

En canto á súa estrutura, divídese en dous partes claramente diferenciadas. A parte principal conta coa figura da Anunciación e o pesebre co Misterio. A parte da poboación hebrea ten o castelo de Herodes, unido a o deserto por onde os Reis Magos van camiño de Belén. Hai tamén figuras que realizan algúns movementos, como o panadeiro, o muíño, o ferreiro e os serradores, así como o río por onde corre a auga, que está en continua circulación. Estas figuras móbiles foron artelladas por Beto e Gonzálo de Campón.

Aquelas persoas interesadas en visitalo poden facelo entre as 11:30 e as 13:00 horas polas mañás, e de 17 a 19:00 horas polas tardes, horarios nos que adoita estar aberta a igrexa para as visitas. Tamén pode concertarse a visita enviando un email á dirección cocoslourenza23@gmail.com

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas