Accidente de Xove: Suspendidos ata o martes os actos da Semana Santa de Ribadeo

A parroquia de Santa María del Campo de Ribadeo suspende os actos previstos para estes días en sinal de condolencia pola tráxica perda dos mozos falecidos este sábado nun grave accidente en Xove.

Tanto o pregón, previsto para este sábado a cargo do bispo de Lugo, como o resto de actos programados cancélanse. A programación retomarase o Mércores Santo.

A través dun comunicado, a comunidade parroquial e a Asociación de Amigos da Semana Santa queren «mostrar a súa pesar e dor por esta traxedia que custou a vida destes mozos» e ofrecen o seu afecto e a súa «oración confiada por eles e polas súas familias nestes momentos de tanto sufrimento».

Así mesmo «respectan e agradecen os tres días de loito declarados polo Concello» e suprimen os actos programados ata o xoves. Mantéñense as celebracións eucarísticas, que se farán en memoria dos mozos falecidos.

Así pois, queda suspendido o pregón previsto para este sábado pola tarde e o concerto posterior da Coral Polifónica.


Suprimida a procesión de Ramos

Queda suprimida tamén a procesión de Ramos prevista para este domingo pola mañá. Mantense a misa das 12:00 horas e a bendición dos Ramos farase no transcurso da celebración. Tamén se cancela o viacrucis do luns noite.

Misas polos falecidos

Na eucaristía deste sábado, ás 20:00 horas, e na do domingo, 2 de abril ás 12:00 horas, pedirán «polo eterno descanso dos falecidos e para que o Señor sosteña ás súas familias».

Remata o comunicado sinalando que «como discípulos do Resucitado queremos dar testemuño da nosa fe e da nosa esperanza nestes momentos tan difíciles para todos».


Funeral presidido polo bispo

O bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, presidirá a misa de funeral polos mozos de Ribadeo falecidos no accidente de Xove, que se celebrará este luns 3 na igrexa parroquial de Santa María del Campo ás 17:00 horas. O prelado indicou en Twitter que “máis que consolar nestes momentos corresponde acompañarlles na súa dor e rezar por todos os falecidos”. García Cadiñanos explicou que o párroco de Ribadeo, Gonzalo Varela, comunicoulle que as familias de tres mozos decidiran realizar o acto de maneira conxunta, mentres outra non fará acto relixioso. “Paréceme importante estar preto das familias nestes momentos como solidariedade de toda a diocese e da sociedade“.

Fonte: COPE de la Costa-Ribadeo

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas