“Agora é o momento!”: Asemblea diocesana de inicio do curso 2023-24

Programa oficial

09:45 h. Recepción e acollida.
10.00 h. Oración inicial.
10.30 h. Presentación do curso pastoral 23-24, coa intervención do bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos.
10:45 h. Charla: “Como organizar, animar, traballar en arciprestado”, por Víctor Blanco Naveira, delegado do Clero da arquidiocese de Santiago de Compostela.
11.45-12-15 h. Descanso–Café.
12.15-13-45 h. Obradoiros.
14.00 h. Xantar.
16.00 h. Eucaristía de envío desde a catedral da Asunción, presidida polo bispo diocesano (retransmitida en directo pola canle diocesana de Youtube).
17:00 h. Remate e despedida.


Obradoiros

· Envellecemento e voluntariado (Cáritas).

· Como comunicar na Igrexa hoxe (Servizo Diocesano de Comunicación).

· UPA: Lugar onde vivir a sinodalidade (Equipo Acompañemento de UPA).

· Como acompañar ao privado de liberdade e ás súas familias.

· Economía e transparencia (Vigairía de Economía-Comisión de Sostemento e Corresponsabilidade)

· Sentido e camiño dos consellos pastorais (Rvdo. Gonzalo Varela).

· Iniciativa de acompañamento ás familias (Delegación de Familia).

· Inicio á oración (Rvdo. Víctor Blanco).

· Creando espazos seguros para menores e persoas vulnerables (Comisión PROTEXE).

· Novos retos catequéticos en novos tempos (Delegación de Catequese).

· Ministerios laicais na Igrexa (Vigairía para a Sinodalidade).


Aspectos a ter en conta

· Para xantar: Temos a posibilidade de reservar no Seminario ou traer cadaquén o seu. O prezo do menú no Seminario é de 11 euros por persoa. Prazas limitadas ata o 29 de outubro.

· Inscrición nos obradoiros: Haberá que marcar dous. Establecerase un reparto equitativo dos participantes nos diferentes grupos.

· Haberá actividades para as nenas e nenos cos equipos do Colectivo Campamento Diocesano e a delegación diocesana de Xuventude.

· A ficha de inscrición terá que remitirse a este email antes do 29 de outubro: vicarioxeral@mondonedoferrol.org

Descarga inscrición-díptico informativo (PDF)

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas