As delegacións de Pastoral Penitenciaria de Galicia abordan a realidade das persoas estranxeiras en prisión

  • O mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago acollerá o 7 de marzo a XII Xornada de Formación do Voluntariado, dedicada ás estratexias de acompañamento e reinserción social

As delegacións de Pastoral Penitenciaria de Galicia ofrecen unha nova xornada de formación do voluntariado, nesta ocasión baixo o título «Persoas estranxeiras en prisión: estratexias e reinserción». O encontro será este sábado 7 de marzo no mosteiro de San Martín Pinario (Praza da Inmaculada, 5), en Santiago de Compostela.

A xornada, que está aberta a todos e que se corresponde xa coa súa 12º edición, comezará ás 10:00 horas. Tras unha oración inicial, arrincarán os relatorios, que nesta ocasión van estar impartidas por María del Puerto Solar, recoñecida xurista de institucións penitenciarias. A xornada concluirá sobre as 18:00 horas cunha mesa redonda, titulada «ser estranxeiro nun cárcere español», onde se poderán coñecer de primeira man testemuños de persoas estranxeiras privadas de liberdade en prisións de Galicia.

Pretende, xunto á formación e o encontro dos voluntarios que habitualmente participan nas actividades de pastoral penitenciaria, estender e difundir o traballo tan valorado que se fai nos cárceres, nas familias e no acompañamento dos presos, tanto na mesma cárcere como tras a súa saída.

Para poder asistir é necesario inscribirse, escribindo ao correo electrónico da delegación diocesana de Pastoral Penitenciaria antes do 2 de marzo: penitenciaria@mondonedoferrol.org. O custo da inscrición e o xantar é de 20 euros (só inscrición, 5 euros).

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas